O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

15 mar 2012

Ruta dos santuarios (Peneda - Gerês)

Esperemos que esta foto de grupo non se volva repetir, porque a verdadeira imaxe debería ter este fondo





O certo é que o domingo 11 de marzo do 2012 ás 7 da mañá estaban os andaríns preparados para subir ao autobús cando tivemos a primeira das incidencias do día. O autobús que perde aghua! coa faltiña que fai nestes tempos! Pero tratándose da ruta dos santuarios, os do Souto do Vello non perdemos a fe e cunha hora e media de atraso conseguir saír de Matamá, iso si, noutro autobús que polo camiño recuperou media hora a costa dalgúns mareos.
Chegamos ao santuario da Peneda onde nos agardaba o resto do grupo para comezar a pateada que nos levaría ata o outro "santuario", o do bacalhau.
Debido ao atraso na saída, a organización tivo que improvisar unha nova ruta. Aí nos demostraron que están verdadeiramente preparados e sobre a marcha prepararon unha ruta circular que non desmereceu a que estaba prevista (unha vez máis parabéns para a organización!).
Comezamos a subida por detrás da Peneda ata chegar ao lago, pero xa vistes como estaba...seco!
Seguimos ruta polo alto de Meadinha e demos unha volta pola preciosa serra da Peneda ata chegar de novo ao santuario.
Polo camiño atopámonos cunhas vacas que querían acompañarnos, non sei se saberían algo do do bacalhau.
Despois de refrescarnos e cambiar de indumentaria, collemos o autobús cara a Castro Laboreiro.
No restaurante Miracastro xa nos agardaba o resto do persoal que se apunta ao xantar.
Coma sempre, os amigos do Miracastro non decepcionaron. Coas entradas (sobre todo o presunto) para facer boca, seguido do caldo, o bacalhau con broas e ramatando co año ben preparado, xa o persoal estaba preparado para o que fixese falta. E iso que aínda faltaban as tetiñas castrexas!
Logo dos "cafeses" e "chopitos" chegou a hora da festa rachada amenizada polos "Soutiños" que contaron coa estrea dun novo bombeiro pola ausencia do titular. Vimos tamén a un aprendiz de tamborileiro que non lle quitaba ollo a Manolo.
Despois dunhas cantas pezas volta para Matamá e a preparar a equipaxe para "La Palma".




6 comentarios:

  1. Magnífica crónica para un día (case) perfecto!!!
    Por certo, por que carallo lle chamarán Serra da Peneda??? jeje

    ResponderEliminar
  2. O vindeiro 19 de Maio do 2012, celebraremos a IX Andaina Tudense. Mandámosvos os enlazes onde poderedes atopar toda a información para poder participar na mesma.
    Agradeceríamos que dérandes a coñecer a información da andaina.

    andainatudense.blogspot.com

    Tamén nos podedes enlazar dende a páxina do Concello de Tui.

    Anticipadamente, moitas gracias.

    ResponderEliminar
  3. Telmo tes toda razon tiñan que chamerlle a serra do bacallaou, na cronica tamen estamos dacordo a verdade que este home tiña que dedicarse a escreber,esperemos que a foto do lago sexa solo unha anecdota para poder contar os netos e pronto volva estar como nos o coñecimos, felisidades a todos de parte da orjanisasion que andar andivestes moi ben pero comendo sodes unhos fora de serie e bailando casi.

    ResponderEliminar
  4. Que razón tiñan os que me dicían que o sendeirismo era moi duro. Vendo estas imaxes quítanselle a un as ganas de quedar na casa!!! Seguídeo pasando tan ben!

    ResponderEliminar
  5. Andarín nº 13 non quedes na casa!!!! Non fagas iso!!!!Cando vexas aos do Souto do Vello marchar pon as pernas a camiñar!!

    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si señor Telmo tes razón. Eu dou fe do rico que estaba o bacallao á broa e o presunto. O fin de festa sensacional coma sempre¡

      Eliminar