Parece que aínda foi onte cando estabamos a botar un baile no bar "Robleda" e xa pasou o verán. Estamos preparados e preparadas para unha nova tempada? A orghanisasión vai facer un exame para ver como volve cada un e cada unha. Menos mal que a primeira saída está programada para o 29 de setembro, así que case temos un mes máis para adestrar. Pronto publicaremos a información desta saída coa que daremos comezo á tempada 2013/14, que parece ser que vai ser de aúpa. Atentos e atentas! Para o mes de outubro están preparando a primeira de fin de semana, alá polo 26-27. Tomade nota. A seguir gozando da praia mentres haxa bo tempo que isto logho se acaba. Saúdos da orghanisasión.
orgharnisasion eu nonsei que senefica eses monecos pero penso que as senderistas do souto do vello nos sentimos upouco doloridas non seades tan machistas sanos miraremos ascaras o dia 29
ResponderEliminar