O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

27 oct 2015

Camiño dos faros 1-2 (Malpica - Faro Roncudo)

Primeira saída de fin de semana da presente tempada. Do mesmo xeito que andamos metidos no proxecto de facer o GR-58 en distintas etapas, a organización leva tempo barrenando con levarnos a facer algo espectacular e que mellor que propoñernos  facer este sendeiro chamado “O camiño dos faros”. Isto foi unha iniciativa da Asociación O Camiño dos Faros para promocionar esta ruta pola Costa da Morte e que a coñeza moita xente co máximo respecto pola natureza. Un percorrido con gran variedade de paisaxes, sempre pegados ó mar e cos faros como guía para seguir o camiño. Con saída en Malpica e chegada ó faro de Fisterra, percorre ó redor de 200 km en oito etapas. O Souto do Vello agradece ós trasnos o traballo realizado para levar a cabo esta iniciativa e fai votos para que se consiga a homolgación e ter así o gran GR e Galicia nunha costa espectacular como é a Costa da Morte. Podedes consultar a páxina oficial para coñecer polo miúdo este sendeiro. http://www.caminodosfaros.com/

Nós fixemos as dúas primeiras etapas, adaptándoas un pouco ás nosas necesidades. O sábado fixemos de Malpica ata o faro de Punta Nariga e o domingo dende Punta Nariga ata o faro Roncudo.
Cando chegamos o sábado a Malpica estaba un tempo bo para camiñar, despois duns cafeciños puxémonos en camiño para atoparnos moi pronto coa fonte e capela de san Adrián e divisar xa as illas Sisargas.
Dá gusto camiñar por estes sendeiros. Agradecemos o labor do concello de Malpica ó manter limpo o sendeiro. Facemos tamén un chamamento ó resto dos concellos para que colaboren no mantemento da ruta.
Gozando das espectaculares paisaxes como din os trasnos na súa web, chegamos ata o faro de Punta Nariga moi contentos.
Trasladámonos ata o hotel Monte Blanco, na parroquia de Neaño no concello de Cabana de Bergantiños, onde nos trataron de marabilla, coas habitacións ben coidadas e un almorzo fantástico.
Tamén queremos agradecer o trato dos restaurantes París e Sabelo onde nos repartimos para cear. Recomendables ámbolos dous.
O domingo fixemos a “nosa” segunda etapa dende o faro de Punta Nariga ata faro Roncudo. O día estivo fantástico e o espectáculo do mar batendo nos acantilados invitaba a quedar alí por algún tempo, pero había que chegar a destino. Dende o faro trasladámonos á vila de Corme para tomar unas cerveciñas reparadoras e coller camiño de volta a Vigo.
Dado o éxito destas dúas etapas, a organización fixo unha enquisa entre os andaríns e mais entre as que estiveron de turisteo no autobús, e todos decidiron converterse en trasnos e continuar o camiño. Este é un reto para a organización que ten que preparar as outras etapas pero estamos seguros de que o fará de boa gana.

Para ver as fotos fai clic aquí

Falando de organización, desde o Souto do Vello queremos facer chegar o noso agradecemento  a Montañeiros Galegos polo Nepal- MGxN polo esforzo realizado en apoio aos afectados pola catástrofe do Nepal deste ano. Sentimos non poder estar na Andaina Solidaria celebrada o domingo polos montes de Vigo pero tamén nos solidarizamos. É por isto que nos queren incluír como club colaborador.



4 comentarios:

  1. como se nota que o cronista esta comprado por donde nos levou a organisasion non van nin as cabras incluso hubo que facer pontes para poder pasar e a isto chamalle unha voa organinasion

    ResponderEliminar
  2. O cronista está esperando por un xamón que lle ofreceu o anónimo, pero como non chejou ten que falar ben da organización que o invitou a persebes en Corme. Para a próxima se cheja o xamón de pata nejra falamos

    ResponderEliminar
  3. Que ben o pasamos a media ducia de mozas que non fomos camiñar. Un autobús para nós soliñas. Visitamos o dolmen de Dombate, Laxe, Malpica.. Ata tivemos tempo de catar os percebes do Roncudo en Corme. Ata a próxima!

    ResponderEliminar
  4. Simplemente incrible o que traballou esta sente para que o resto dos mortais poidamos gozar destas incribles paisaxes moitas gracias por deixarnos coñecer estes tesouros que a natureza nos ten agochados e moitas gracias a nosa organización por buscar, preparar estes percorridos tan ben organizados “ coma sempre “ e os comentarios eran que xa temos gañas de voltar para seguir deleitándonos deses marabillosos paisaxes, saúde para todos para seguir pasando de puta madre.

    ResponderEliminar