O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

19 nov 2015

Ribeira Sacra do Miño

Está claro que o outono é unha das mellores épocas para visitar as terras da Ribeira Sacra, ben sexa
do Sil como a do Miño, porque podemos gozar das espectaculares cores que nos ofrecen os viñedos, os soutos e as carballeiras. Pero tamén das igrexas románicas e das bonitas vistas sobre os ríos.
Desta volta a organización reservounos a visita á Ribeira Sacra do Miño. Debeu haber algún problema de comunicación porque sempre nos asegura o bo tempo, e sen embargo cando chegamos había unha brétema que nos impedía ver a paisaxe. Pero unha chamada de última hora fixo que ó pouco tempo xa empezara a abrir para quedar un día estupendo, non falla! Acompañáronnos na saída os amigos e amigas do grupo “Pedra Jallada” de Ribadetea. Foi un pracer contar coa súa compañía durante todo o percorrido e esperamos volver a camiñar xuntos.
O sendeiro, que foi preparado e moi ben marcado pola Asociación de Veciños de O Saviñao, comeza nunha das xoias do románico galego, a igrexa de Santo Estevo de Ribas deMiño, no concello do Saviñao. Dende aí pódese gozar dunhas espléndidas vistas sobre o val do Miño (segundo nos contaron desde a organización). A continuación collemos o sendeiro  e camiñamos por unha verdadeira alfombra de follas tanto de carballos como de castiñeiros. Pasamos por aldeas como Buxán, Galegos, O Piñeiro e Montecelo, onde paramos a tomar o bocata ó pé das ruínas da antiga igrexa de Santa María do Camiño. De alí fomo a Diomondi onde hai outro dos monumentos da Ribeira Sacra como é a igrexa de SanPaio de Diomondi.
Logo comezamos o descenso polo chamado “camiño dos Codos de Belesar” que forma parte do Camiño Sur a Santiago de Compostela pasando por algúns tramos de calzada romana. Xa logo se

divisa a vila de Belesar co seu embarcadoiro amparada polos impresionantes viñedos en socalcos. Subindo e baixando polo medio deles, chegamos á Praia fluvial da Cova. De aí fomos ata a adega que comercializa o viño Abadía da Cova, denominada Adegas Moure desde onde se pode ver unha das paisaxes máis bonitas da Ribeira como é o meandro que forma o río Miño chamado Cabo do Mundo.
Fixemos unha visita guiada ás instalación e logo degustamos un par de viños ofrecidos pola adega que acompañamos das imprescindibles rosquillas de Ancla. Por certo que aproveitamos para felicitar ó noso amigo Kiko que ese día se facía un pouco máis vello. Felicitar e agradecerlle as rosquillas.

En fin, un día fantástico cunha ruta preciosa. A pensar na próxima!



Para ver máis fotos fai clic aquí.

12 comentarios:

  1. Bonita ….bonita …con jañas a verdade que me quito a jorra pola organización xa non polo ben organizado das rutas que mais ou menos xa nos teñen acostumados si non por escoller a data precisa para que poidamos contemplar estes marabillosos paisaxes que temos nesta nosa Galicia que si na andaina pasada foi o mar e a costa a protagonista nesta non menos espectacular os riós e os viñedos e non digamos do viño que bonito final para un día EX PE TA CU LAR…. felicitar o cronista por todo exposto na crónica e os fotógrafos, e a todos nos incluidos os amigos de Ponteareas que son estupendos por facer un grupo tan divertido, saúde para todos para poder seguir con estas marabillosas experiencias.

    ResponderEliminar
  2. Molo que razon tes un 10 para esa sente

    ResponderEliminar
  3. esta organizacion cada dia mellor mira que buscan e rebuscan para le barnos a eses sitios tan marabillosos esas mosas e mosos da pedra jalla graciñas por a compñarnos

    ResponderEliminar
  4. E para nos un placer poder camiñar con vos, con esa boa xente de Matama,darlle as jrasias a orjanisasión que sempre nos sorprende con cada vez sendeiros mais fermosos. E para o anonimo darlle tamen as jrasias por decir que son tan bello en hernosura jajaja.....

    ResponderEliminar
  5. Resusitache...carballeira pero non sei que buscas con tanto peloteo ...non sei si queres mais rosquillas ou buscas aljo da orjanisasión ..ti que eres tan directa podelo decir sin darlle tantas voltas e peloteo....

    ResponderEliminar
  6. Canto peloteo pa organisasion que tardou 10 anos en levarnos umha seman e
    7 en levarnos 5 dias o unico que a organisasion fay ben son as comilonas do
    bacallau cocido ect e o cronista que cronicas fai se soio fai pedir percebes do
    roncudo xamon da cañiza ou viño da ribeira sacra

    ResponderEliminar
  7. !Carallo! non sabia eu iso........ eu tamen quero ser cronista.......... ainda que non teño o paladar tan fino como o actual, pero prometo probar de todo e irme refinando........ jajajajajajaja..........

    ResponderEliminar
  8. Manollo que ta llevai ese PE para faser senderismo fai falta todo corpo pero as pernas mais cuidate un saludo

    ResponderEliminar
  9. O pe vai indo, ó lado do otro e mellorando. Gracias polo voso interés.
    O que me doeu mais co pé foi non poder ir á cena da outra noite.
    Dixéronme, non sei si por j---r, que foi moi farturenta e espetacular.¡que pena!
    Para a prósima saída ainda non poderei ir, pero para as outras..........
    Unha apreta a todo o personal

    ResponderEliminar
  10. O pe vai indo, ó lado do otro e mellorando. Gracias polo voso interés.
    O que me doeu mais co pé foi non poder ir á cena da outra noite.
    Dixéronme, non sei si por j---r, que foi moi farturenta e espetacular.¡que pena!
    Para a prósima saída ainda non poderei ir, pero para as outras..........
    Unha apreta a todo o personal

    ResponderEliminar
  11. Que dia mais bon, para camiñar
    Cantos recordos.
    Menos mal que a vendima xa estaba
    Grazas organización por buscar esos percorridos
    Claro estIbemos en LUGO....
    un dez para todos. Fotógrafos Organización Rosquilleiro
    Camillantes

    ResponderEliminar