Antes de comezar esta crónica, o cronista quere agradecer todas as mostras
de afecto e ánimos recibidos xa que son fundamentais para a pronta
recuperación. Podedes estar seguros que son moi ben recibidos e que fago bo uso
deles. Graciñas. Vémonos pronto.
Segundo me contaron esta última ruta que saía das Salinas de Ulló en Vilaboa
e pasaba polo lago Castiñeiras para volver a Vilaboa de novo, tratouse dunha
andaina con preciosas vistas, chea de natureza fantástica, riqueza etnográfica
e algo de equilibrismo. Só podía faltar un día de bo tempo e diso xa se
encargou a orjan¡sasión, coma sempre.
A saída foi dende os restos dunhas salinas que datan do século XVII e que
foran restauradas a principios do XXI. Esta zona chamábase Ulló ou Ullóo hai
tempo por iso se denominan “As Salinas de Ulló” a pesares de que estean
ubicadas no barrio de Paredes.
Despois dunha visita minuciosa comezou a subida polos muíños do Río Maior.
Río arriba imos atopando unha serie de muíños que, na súa primeira parte están
bastante ben conservados, xa na zona alta pódense ver varios muíños dos que só
se conservan as paredes. Este trazado que pasa por fermosas paraxes lévanos ata
a Área recreativa de Castiñeiras, ben coñecida por todos e todas. Logo de contemplar a paisaxe que se nos ofrece desde o miradoiro de Cotorredondo, vólvese ata o punto de partida baixando polos muíños de Vilaboa.
Viaxando río abaixo polo Trasmil
pásase polos lugares de A Graña,
Cimadevila, Toural…atopando unha chea de muíños con levadas ás veces distintas dos outros con nomes como Muíño da Tella, Muíño do Mestre, Muíño das Freixas…etc. En
varios puntos do sendeiro o río forma pequenos saltos de auga que forman
fervenzas moi bonitas. Noutros lugares hai que facer un pouco de equilibrismo
para non caer pola rebouza e dar cos nosos ósos no río.
No remate esperaban unhas ducias de rosquillas Ancla e uns vasiños de bo
viño tinto agasallo do noso amigo Quico, detalle que agradecemos unha vez máis.
E ata aquí esta nova andaina que dá paso á seguinte onde nos desprazaremos
un ano máis ó noso Santuario do Bacallau para renderlle o culto que merece.
Para ver as fotos preme aquí.
este cronista e a hostia desde a clinica controlou todos os pasos que demos unha aperta seguro que pa o bacallau estes con nos. kiko non perdas as costumes graciñas
ResponderEliminar