Os andaríns do Souto
do Vello tiveron que pagar as consecuencias das condicións meteorolóxicas. Para que logo digan que non
hai cambio climático! Estamos en abril e a organización do Souto do Vello tivo
que facer un cambio de última hora e buscar unha ruta alternativa. Ollo, pero
só cambiaron a primeira parte da xornada, o remate no Miracastro de Castro
Laboreiro non houbo necesidade de cambialo.
Comezaron cruzando a
ponte internacional sobre o Miño en Tui, como se facía antes, para coller a senda
verde, ou tamén chamada Ecopista, que leva ata Monçao. Despois dunha pequena molladura
nada máis comezar, todo foi sobre rodas, xa que se trata dunha ruta fácil e o
tempo acompañou. Polo camiño pódense ver algunhas das antigas estacións porque a pista vai por unha antiga ruta de tren. Hai que salientar o valor paisaxístico e
natural das paisaxes que se van vendo ó longo da ruta (viñedos, prados, pequenas
vilas, río Miño…). Máis ou menos na metade do camiño hai unha torre da homenaxe
dunha antiga fortificación.
Entre conto e conto
chegan a Monçao onde estaba agardando o autobús para poder cambiar a roupa. Como había tempo a comitiva cruzou a ponte ata Salvaterra. Alí
dividíronse, uns foron visitar a fortaleza e outros foron repoñer forzas a
outras “fortalezas”.
A partir de aí
continúa o programa como estaba previsto. Visita ó santuario do bacalhau no
restaurante Miracastro en Castro Laboreiro. Coma todos os anos (ou mellor ca
outros anos), fomos dando conta (digo fomos porque a partir de aquí tamén
colaborou este cronista) dun bo presunto, un caldo quentiño, o bacalhau con
broas coma sempre e un cabrito excelente…sen esquecernos da sobremesa. E a
sobremesa inclúe a actuación do afamado grupo Os Soutiños, que fixeron as
delicias dos bailaríns asistentes coas súas pezas ben harmonizadas.
Con poucas ganas de saír,
xa que se estaba moi ben e fóra nevaba, chegou o momento de coller o autobús
para volver a Matamá.
Para ver as fotos clica aquí.
pequena molladura para al guns ay a quen lle chegou astas vargas a legria mais grande foi mirar a o jose luis con nos e con aspecto saludabel un a perta para o soutodovello e mais os soutiños por facernos un momemto a gradabel
ResponderEliminarperdon foi a carballleira
ResponderEliminarSaudos a todos os andarins do Souto do Vello e demais amigos que comparten con nos os vos momentos ahinda que non poidan acompañarnos nas andainas. Carballeira coa tua experiencia sabes que cando chove ai que levar brajas de repuesto que o senderismo e un deporte de inverno e a veces chove e mollamonos un pouco por fora, o malo e que nos mollamos mais por dentro e facemos cousas que logo nos arrepentimos..........e isto vai por todos, un biquiño para todas e todos e a seguir pasandeo tan ben todos xuntos.
ResponderEliminarO pensionista Gonda para andar "Non poido" pero pa comer e dansar non esta malo. Con que te mire Montoro vaite por andar de verdade.
ResponderEliminar