Parece que aínda foi onte cando nos
desprazamos ata Malpica para facer o Camiño dos Faros e por fin
chegamos a Fisterra, despois de gozar das 8 etapas das que consta
este proxecto.
O domingo tivo un momento moi emotivo
cando chegamos ao faro de Fisterra, moi parecido como cando fas o
Camiño de Santiago. A pesar dos malos ratos que se pasaron nas
súbitas pendentes e os complicados descensos, quedan na retina as
preciosas imaxes dos acantilados, desa costa agreste, do colorido e
das diferentes paisaxes que vas atravesando con praias, bosques,
castros, coídos, ... un auténtico agasallo para os sentidos que fan
que o cansazo se esqueza enseguida. Para non repetirnos e explicar os
lugares polos que andamos pódese visitar a páxina dos Traskis e ver
o traballo completo: http://www.caminodosfaros.com/.
Despois desta preciosa experiencia
quedamos convocados para o remate da tempada o día 18 de xuño polas
terras de Mondariz con comida campestre e actuación dos Soutiños.
Para ver as fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario