O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

23 dic 2015

Boas festas!!!

     Panxoliña do Nadal
I

Hai un vento cheo de frío

apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.

II

Xa nas ponlas dun carballo

nasceu un vento ventiño;
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño.
Ten azas de paxariño
e craridades de día,
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María.


        Manuel María





    

2 comentarios:

  1. Igual mente cuidado comer pouco que despois costa suvir as costas un a preta para oscuro doblegó

    ResponderEliminar