Está claro
que o outono é unha das mellores épocas para visitar as terras da Ribeira
Sacra, ben sexa
do Sil como a do Miño, porque podemos gozar das espectaculares cores que nos ofrecen os viñedos, os soutos e as carballeiras. Pero tamén das igrexas románicas e das bonitas vistas sobre os ríos.
do Sil como a do Miño, porque podemos gozar das espectaculares cores que nos ofrecen os viñedos, os soutos e as carballeiras. Pero tamén das igrexas románicas e das bonitas vistas sobre os ríos.
Desta volta
a organización reservounos a visita á Ribeira Sacra do Miño. Debeu haber algún
problema de comunicación porque sempre nos asegura o bo tempo, e sen embargo
cando chegamos había unha brétema que nos impedía ver a paisaxe. Pero unha chamada de última hora fixo que ó pouco tempo xa empezara a abrir para
quedar un día estupendo, non falla! Acompañáronnos na saída os amigos e amigas
do grupo “Pedra Jallada” de Ribadetea. Foi un pracer contar coa súa compañía
durante todo o percorrido e esperamos volver a camiñar xuntos.
O sendeiro,
que foi preparado e moi ben marcado pola Asociación de Veciños de O Saviñao,
comeza nunha das xoias do románico galego, a igrexa de Santo Estevo de Ribas deMiño, no concello do Saviñao. Dende aí pódese gozar dunhas espléndidas vistas
sobre o val do Miño (segundo nos contaron desde a organización). A continuación
collemos o sendeiro e camiñamos por unha
verdadeira alfombra de follas tanto de carballos como de castiñeiros. Pasamos
por aldeas como Buxán, Galegos, O Piñeiro e Montecelo, onde paramos a tomar o
bocata ó pé das ruínas da antiga igrexa de Santa María do Camiño. De alí fomo a
Diomondi onde hai outro dos monumentos da Ribeira Sacra como é a igrexa de SanPaio de Diomondi.
Logo
comezamos o descenso polo chamado “camiño dos Codos de Belesar” que forma parte
do Camiño Sur a Santiago de Compostela pasando por algúns tramos de calzada
romana. Xa logo se
divisa a vila de Belesar co seu embarcadoiro amparada polos impresionantes viñedos en socalcos. Subindo e baixando polo medio deles, chegamos á Praia fluvial da Cova. De aí fomos ata a adega que comercializa o viño Abadía da Cova, denominada Adegas Moure desde onde se pode ver unha das paisaxes máis bonitas da Ribeira como é o meandro que forma o río Miño chamado Cabo do Mundo.

En fin, un
día fantástico cunha ruta preciosa. A pensar na próxima!
Para ver máis fotos fai clic aquí.