O Souto do Vello
Percorrendo camiños dende o 2002
O Souto do Vello no cume galego!
3 de nov. de 2026
21 de out. de 2026
Cangas del Narcea
Cangas del Narcea é o maior concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias e un dos maiores de España. Está situado ao suroeste do Principado. A súa capital é Cangas del Narcea, que é atravesada polo río Narcea do que procede o seu nome (garganta do Narcea) e polo río Naviego.
Ten unha poboación de 13 710 habitantes, con capital na vila de Cangas
del Narcea, e as súas poboacións con maior número de habitantes son por esta
orde, a capital Cangas del Narcea, Corias, Limés, Moal, Llanos, Rengos e Gedrez.
Cangas del Narcea conta cunha rede de sendeiros de pequeno percorrido e
unha senda de Gran Percorrido que atravesa os tres concellos que forman parte do
Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias.
Pois ata ese lugar decidimos ir o grupo do Souto do Vello para facer unhas
xornadas de convivencia e sendeiros neste mes de outubro.
Tiñamos reservado un hotel no lugar de Limés pero dous días antes de chegar
nos comunican que por un erro informático non había cuartos para todos. Tiveron
que resolver o problema aloxándonos en tres hoteis distintos.
Temos que agradecer a boa actitude de todos e todas ante esta situación
pero sobre todo dámoslles as grazas a Kico e a Maribel que puxeron á nosa
disposición os seus vehículos para poder facer os traslados todos os días, o
que evitou que houbese problemas de horarios. Tamén agradecemos o traballo do
noso conductor David que estivo atento en todo momento con todos e en especial
co Grupo Alternativo.
Tal como tiñamos previsto fixemos a primeira ruta o xoves 15. De camiño a Cangas paramos no porto de Leitariegos para facer a subida ó Cueto de Arbás. O pico, que é o máis alto de Cangas con 2 002 m de altitude, está integrado na Reserva Natural del Cueto de Arbás sendo un corredor natural utilizado pola poboación de osos, ademais doutras especies de animais e vexetais de grande interese.
Despois dun pequeno ascenso por pista chegamos á Laguna de Arbás a 1710 m
de altitude. Continuamos o ascenso por sendeiro contemplando a cada paso unhas
vistas impresionantes. Pasamos pola Collada Fanetina e o Alto da Ferradura.
Tras un pequeno descanso fomos cresteando ata chegar ó alto do Cueto de Arbás.
No cume puidemos gozar das vistas, con Leitariegos alá no fondo. Paramos a
repoñer forzas e comezamos a baixada pouco a pouco ata chegar ó autobús.
Repartímonos nos distintos hoteis para facer o check in e logo regresamos ó
hotel La Casilla onde fariamos as ceas e os almorzos.
Para o venres tiñamos programada unha preciosa ruta polo bosque de Moal. Achegámonos ata ese precioso lugar que nalgún momento foi declarado “Pueblo bonito de España”. Está situado nas inmediacións da Reserva de Muniellos polo que é unha opción accesible para gozar da zona sen necesidade de autorización para entrar na Reserva Natural Integral de Muniellos.
Foi un percorrido precioso que incluíu miradoiros como o de Montecín e o collado
de Moncó; bosques de faias, carballos e castiñeiros que amosaban o inicio das
cores outonais. Aínda que no tempo no que andamos xa deberían estar máis, pero
xa sabemos que este cambio climático, que dis que non hai, está a cambiar todo.
Algúns valentes subiron á Peña Moncó como uns montañeiros titulados.
A baixada dende o Montecín ata Moal foi preciosa facendo unha parte do
percorrido xunto ó río.
Ó remate da ruta collemos o autobús que nos levou ata a vila de Cangas onde
fixemos un pouco de turismo, puidemos tomar unhas sidrinas e facer as compras
necesarias para o resto dos días.
O sábado presentábase un pouco complicado polas condicións meteorolóxicas anunciadas, xa que esperabamos bastante chuvia e frío. Non foi tanto, pero si que estragou un pouco a ruta a densa brétema que tivemos todo o día e que impediu gozar das vistas na subida ó alto do Acebo.
Partimos do mosteiro de Corias, hoxe en día Parador de Corias. Trátase dun histórico
edificio relixioso situado na parroquia Courias, é coñecido como o “Escorial
asturiano”. É un mosteiro benedictino do século XI e reconstruído varias veces
tras varios incendios.
Cunha prolongada subida, pero levadeira, fomos chegando ó alto do santuario
do Acebo a 1205 m. Pouco puidemos facer alí debido ás condicións climáticas.
Comemos e comezamos a baixada ata Cangas onde nos recolleu o autobús e a
furgoneta para levarnos a cadanseu hotel.
Domingo, último día. Ruta e regreso a Vigo. O tempo cambiou, vai fresquiño
pero un sol espléndido. Despois do almorzo despedimos a nosa amiga Maribel que
tiña que volver a León e non nos puido acompañar.
Hoxe a ruta prometía e non defraudou. Collemos a bonita estrada que nos levou ata a localidade de Degaña. Alí comezamos a última ruta destas xornadas.
Foi unha preciosa e fácil ruta de domingo por uns bosques case encantados.
Comezamos polo sendeiro GR-203 en dirección a Zarreu case ata o final que nos
desviamos polo “Camiño Primitivo de Zarreu”, paralelo á estrada.
Ó remate da ruta comemos uns bocatas tomando o sol de “outono asturiano”. En canto estivemos listos o amigo David co autobús e Kico coa furgoneta trouxéronnos ata Vigo.
Parabéns a todos os participantes, así como ás compañeiras do “grupo
alternativo” que aproveitaron para visitar os bonito lugares da zona.
6 de out. de 2026
30 de set. de 2026
Serra do Suído - Covelo
Estamos de aniversario.
Estamos de aniversario porque comezamos a vixésimo quinta tempada de andainas,
o que quere dicir que cumprimos as “vodas de prata”. Este aniversario é moi
importante porque representa un cuarto de século de vida xuntos e o significado
de vodas de prata vén de que a prata simboliza a resistencia, a pureza e o
brillo dunha relación duradeira. Pois creo que se pode aplicar a este grupo si
ou non?
Chegamos ó punto máis
alto desta ruta polo que a partir de agora só quedaba baixar, e foi o que
fixemos. Nun continuo descenso chegamos a Fofe, unha parroquia onde se atopa a
Rectoral de Fofe, hoxe convertida en casa de aloxamento rural.
Subimos ó autobús para a
volta a casa facendo unha pequena parada para repoñer líquidos nunha terraciña
en Maceira.
Nesta primeira saída
demostramos que se aproveitou o verán para adestrar xa que todo o mundo deu
conta do recado sen ningún problema.
Despedímonos coa ilusión
de que chegue o 15 de outubro onde iremos ata terras asturianas para unha convivencia
de catro días.
Para ver as fotos fai clic aquí.
14 de set. de 2026
16 de xuño de 2026
Polo Tea e o Furafollas (Mondariz)
Esta foi unha xornada lúdico-festiva-sendeirista para rematar a tempada 25-26 deste fantástico grupo como é O Souto do Vello.
Nunha xornada entre calorosa e calórica fixemos unha ruta que transcorreu na súa meirande parte pola beira dun río, ben do Furafollas ben do Tea, o que a fixo máis levadeira. O remate na praia fluvial do Val axudou a aliviar as calores acumuladas e deu paso a unha exhibición calórica das viandas que agardaban nas mesas de pedra. Empanadas, tortillas, filetes,...sen esquecernos dos doces caseiros, e un día máis das rosquillas Ancla agasallo e Kico.Para axudar a "baixar" todo isto, actuación do afamado grupo "Os Soutiño" que animou a bailar durante un bo anaco.
Antes de todo isto, chegamos pola mañá á praia fluvial para dar comezo a ruta pasando pola ponte de Cernadela cruzando o río Tea, unha ponte do século XV. A continuación buscamos o regato Furafollas, e á beira del fixemos a que chaman "A Senda do Dragón", unha bonita senda inzada de pozas que chamaban a un mergullo.
Continuando a ruta chegamos ata Sabaxáns, onde atopamos no lugar de Ermelo as ruínas da antiga casa de baños e fonte de augas mineiro medicinais co seu característico cheiro a ovos podres.
Máis tarde cruzamos o río Tea polos famosos pasos de Tatín e camiñando pola outra beira pasamos pola praia fluvial do Foxaco.
Xa para rematar volvemos cruzar o Tea pola ponte metálica e accedemos a praia do Val onde iniciamos o percorrido.
A continuación baño, xantar e baile serviron para dar remate a unha bonita tempada.
A organización pídevos que gocedes dunhas merecidas vacacións de verán sen esquecer adestrar un pouco e quedades convocados para setembro, onde agardamos contar de novo coa presenza do amigo Telmo ó que desexamos unha pronta recuperación.
Bo verán!!
Para ver as fotos fai clic aquí.

-24.jpg)
-26.jpg)
-11.jpg)
-26.jpg)
-6.jpg)


-26.jpg)
-12.jpg)
-31.jpg)

-73.jpg)
-78.jpg)

-2.jpg)
-43.jpg)
