O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

30 ene 2011

Recibimos comentarios sobre a andaina de hoxe (30/01/11)

Comentario de Mary Costas : A andaina de hoxe foi moi bonita, moitos participantes, pero sen dúbida, o mellor de todo foi o xantar e a festa de despois.
...............................................

Animádevos e seguir enviando os vosos comentarios.

26 ene 2011

Non aos muíños no Galiñeiro!!!

Temos que rebelarnos contra o inimigo que nos quere invadir enchendo o Galiñeiro de muíños. Recoméndovos a lectura deste post de Manolo Gago.




14 ene 2011

Rota dos montes de San Cibrán...e outros.


O domingo 9 de xaneiro fixemos a primeira andaina do ano con intención de eliminar os restos dos turróns, capóns e demais excesos das festas. Despois de todos os días de chuvia e mais chuvia encomendámonos a San Baceliños de Arriba, e este santo varón obsequiounos cun día marabilloso que nos permitiu gozar dunha andaina preciosa.

Dende o alto do confurco ascendemos pola beira do río Couso seguindo as marcas do PR-G 132. alí puidemos ver un muíño de aceña totalmente restaurado. Seguimos camiño ata chegar ao alto de San Cibrán (ninguén se atreveu a subir o penedo como fixeran hai uns anos). Descendemos cara á Picoña acompañando ao río Caselas. Chegando á área recreativa das Conforcadas enlazamos co GR-58 para subir ata o faro de Budiño onde puidemos repoñer forzas tomando o sol!! De alí fomos pola pista ata chegar onda o pianista. O amigo Poli demostrounos que aínda está en forma. Arreamos zapatilla para chegar outra vez ao confurco e despedirnos ata o día dos callos (30 de xaneiro).
Para máis información sobre a rota dos Montes de San Cibrán pica aquí.