Na tempada das andainas
de río non podía faltar a do pai Miño. Unha das que se podían facer era esta do
concello de Cenlle. O domingo 12 de febreiro ás 9 da mañá e coas orellas
tapadas polo frío, saíu o autobús de Matamá cheo de xente con ganas de andar.
Chegamos ao balneario de
Laias e fumegaban as augas do río Miño. Alí comezamos a andar por un sendeiro
moi bonito río arriba ata que nos metemos por un túnel para comezar a subir o
monte. As capas de roupa xa ían sobrando. A media subida e coa bonita paisaxe
do río ás nosas costas, fixemos unha paradiña para as once (xa o di o xefe, as
once son as once e non se pode andar con díxome-díxome nin pataqueiradas).
Antes de chegar a Vilar
de rei.por un bonito camiño, atopamos un muíño-casa onde houbo unha discusión
sobre a utilidade dunha pedra. Ao chegar o arqueólogo sacounos da dúbida
dicindo que primeiro era para lavar a cara e despois aproveitando o buratiño do
desaugue, as partes baixas?!
Seguimos a ruta
contemplando os espalleres, de onde sae o rico Ribeiro, a unha e outra beira do
río. Polo camiño había bastantes érbedos e sobreiras, ademais das moitas e
moitas acacias coa flor a punto de rebentar. Andando andando, chegamos a Pena
onde fixemos a parada para xantar. Coma lagartos estarricámonos ao sol
bocadillo en man (algúns algo máis que bocata). Xa case rematando chegou unha
amiga para convidarnos a “visitar” a súa adega. Por certo ben grande e cunhas
boas cubas, pero sen viño. Despois de comer fomos baixando en dirección a
Laias. Antes pasamos pola capela de Santa Lucía desde onde se contempla unha
preciosa paisaxe do Miño. Seguimos un anaco pola estrada nacional e xa nos
metemos outra vez ata o balneario onde agardaba o autobús para volver de novo a
Matamá con menos frío.
Bonita crónica. Ruta moi recomendable!!
ResponderEliminarmais de catro pensaron de tomar un viño na bodega que carallo levaron
ResponderEliminar