Que tal..?
Estupendo, marabilloso,
fíxoseme curto, a mellor de todas as saídas do Souto do Vello,
pasoume moi rápido, que ben o pasei!, eu quedaba máis,
impresionante, sen palabras...
Isto é o que se escoitaba cando tocaba
coller o avión de volta en La Palma o domingo 8 de abril despois de
pasar unha semana polos sendeiros desta preciosa illa.
Antes de nada, o que subscribe (e
supoño que os demais tamén) quere deixar constancia do seu
agradecemento aos organizadores, incluíndo, como non, a Alicia,
Telmo, Isa e Bacelos, que pasaron o traballo para que nós puideramos
gozar destas marabillosas vacacións. Tamén agradecer o traballo de
Jose, o condutor da guagua, que fixo de excelente guía, ademais dun
gran profesional do volante.
Os 29 aventureiros chegamos a La Palma
o domingo día 1 de abril e dedicamos a tarde a familiarizarnos coa
zona onde estaban os apartamentos (Los Cancajos). Xa se notaba un
certo formiguiño e ganas de empezar a andar, algúns non agardaron
ao día seguinte, outros foron probar a temperatura da auga do mar.
O luns fixemos a primeira das xornadas,
houbo que cambiar de ruta polo mal tempo que había na que estaba
prevista. Fixemos a ruta dos volcáns, desde “El refugio de El
Pilar” ata “Los Canarios” en Fuencaliente. Impresionante
paisaxe subindo e baixando polos distintos volcáns (Hoyo Negro, La
Deseada – 1932 m., El Martín...) cara o sur da illa. Pasamos por
bosques de piñeiros canarios, por certo queimados por fóra pero
vivos por dentro, cráteres que semellaban a boca do inferno, o chan
con distintas cores e texturas e en todo momento acompañados por
unha brétema que ía e viña sen parar dándolle un aspecto
fantasmagórico en certos momentos do día. Rematamos a ruta no bar
Parada, en Los Canarios, atendido por unha moza de Santa Uxía de
Riveira que nos ofreceu unha Dorada e uns “almendrados” que
axudaron a repoñer forzas.
Ao chegar aos apartamentos, algúns e
algunhas valentes probaron a piscina para relaxar os músculos.
O martes tocou unha ruta espectacular,
emocionante e divertida; “Nacientes de Marcos y Cordero – Los
Tiles”. É un percorrido onde a auga é a protagonista xunto cos
bosques de laurisilva procedentes da era terciaria.
Para chegar ata o punto de partida foi
necesaria unha “guagua” especial, xa que a subida por unha pista
forestal é de coidado. Foi moi divertido. Chegados ao punto de
partida, preparámonos cos chuvasqueiros e lanternas, xa que houbo
que pasar por uns túneles polos que se filtraba auga, sobre todo no
túnel nº 12. Emocionante. A paisaxe que se ve entre túnel e túnel
presenta impresionantes ladeiras do barranco cunha vexetación
exuberante. Ao saír do túnel 12 aparece o primeiro nacente, o de
Marcos. É unha visión espectacular o ver nacer a auga entre as
rochas. Subindo un pouco máis estaba o nacente de Cordero e desde aí
comeza o descenso polo Barranco da Auga con grandes penedos e fentas
enormes. Chegamos ata o bosque de laurisilvas con exemplares
fascinantes. Tivemos tempo de subir ata o miradoiro de “El espigón
atravesado” non apto para persoas con vertixe. Non se pode
describir con palabras as sensacións que provocan as vistas dende aí
arriba. Xa nos metemos de cheo no “Bosque de los Tiles”, reserva
da biosfera, onde hai lugares que non entra o sol. De volta para os
apartamentos, o noso chofer-guía fixo unha parada nunha plantación
de plátanos para darnos unha verdadeira conferencia sobre esta
planta tan importante na illa. Logo visita ao miradoiro de San
Bartolo con vistas espectaculares sobre os plataneiros. Aínda
tivemos tempo de visitar unha típica casa canaria moi ben montada.
O mércores foi unha xornada mixta
cunha pequena ruta e excursión guiada pola metade sur da illa. A
primeira parada foi no centro de interpretación de la Caldera de
Taburiente, o lugar máis emblemático da illa da Palma e que foi
declarado parque nacional no ano 1954. Alí puidemos ver un vídeo
onde explicaba a formación da illa en xeral e da Caldeira en
particular.
Esta Caldeira é unha das maiores do
mundo. Ten un diámetro de oito km, cunhas paredes de máis de mil
metros de desnivel. Aquí ten o punto máis elevado a illa con 2426 m
de altura, onde está o observatorio de “El Roque de los
Muchachos”.
Trasladámonos ao parque nacional para facer unha pequena ruta
circular pasando polo miradoiro de “La Cumbrecita”.
Baixamos en guagua ata a vila de El Paso. Visitamos o museo da seda
que resultou moi interesante. Logo continuamos ata Tazacorte para
xantar. Despois do xantar e sen posibilidade de sesta comezamos unha
interesante excursión con parada en Las Manchas para ver a preciosa
praza de La Glorieta, realizada por un arquitecto local imitando en
certo xeito a Gaudí. Alí fixemos centos de fotografías e
continuamos ruta contemplando as distintas formacións resultado das
erupcións volcánicas e atendendo as interesantísimas explicacións
de Jose, o noso guía particular. Chegamos ata o faro de
Fuencaliente, a punta máis ao sur da illa, onde hai unha salina.
Visitamos as instalacións vendo todo o proceso da formación do sal,
e como non, mercamos sal de La Palma. Voltamos aos apartamentos máis
cansos que se foramos de andaina, pero moi satisfeitos e agradecidos.
O xoves volvemos retomar as andainas coa que estaba programada para o
martes, Pico de la Nieve – Roque de los Muchachos. Foi unha ruta
onde se vai cresteando, subindo e baixando e con vistas ao parque da
Caldera cos seus roques e barrancos. Mágoa que a brétema non nos
deixou gozar destas vistas, pero si gozamos do camiño. Comezamos no
Pico de la Nieve a 2239 m de altitude. Pasamos polo pico de
Piedrallana, 2321 m. Tomamos o bocata camiño do Pico de la Cruz a
2351 m. Seguimos sendeiro pasando polos distintos barrancos que dan
ao interior da Caldera; barranco del Diablo, barranco de Gallegos e
miradoiro de La Degollada de los Franceses. Chama a atención a
variedade de cores que presenta o chan: vermello, amarelo, marrón...
Continuamos ata atravesar a parede de Roberto (vaia traballo que
debeu pasar Roberto para facer esta parede); en realidade trátase
dun dique natural que é moi famoso no parque. Despois de xantar
acometemos a subida ata o cume da illa, “El Roque de los Muchachos”
a 2426 m. Xa desde o autobús recibimos atentos as explicacións de
Jose sobre todos os observatorios que hai espallados pola zona. De
volta para os apartamentos pasamos polo barranco de Garome, unhas
vistas espectaculares. Paramos no miradoiro de El Time con
impresionantes vistas sobre Los Llanos de Aridane, Tazacorte e a
desembocadura dea Caldera de Taburiente. Logo dun refrixerio cruzamos
o “túnel do tempo” para pasar ao leste da illa. É curiosísimo
como cambia o clima dun lado a outro do túnel. Subimos ao miradoiro
de Santa Concepción desde onde se divisaba Santa Cruz e varias
localidades cercanas na Breña Baja. Vistas espectaculares.
O venres fixemos a última ruta da semana, miradoiro de Los Brezitos
– Barranco de las Angustias. A subida en microguagua 4x4 por
estrada superestreita e chea de curvas deixando os precipicios a
dereita ou esquerda foi cando menos emocionante. As paisaxes e as
vistas espectaculares coma os outros días pagaron a pena. A partir
do miradoiro fixemos unha suave baixada por entre os piñeiros e
pasando por varios barrancos (del Ciempiés, de las Cañeras, de las
Traves...), polo miradoiro del Lomo de Tagasaste... ata chegar á
zona de acampada do barranco das Angustias. Aquí decidimos subir ata
a cascada de la Fondada, unha subida que nos fixo suar de verdade.
Arriba a espectacularidade da fervenza animounos novamente. De volta,
xuntámonos cos que quedaran abaixo e iniciamos a baixada polo
barranco das Angustias, que realmente fai honor ao seu nome.
Trátase dun descenso abrupto e complicado porque non hai sendeiro,
hai que ir polo medio das pedras e cruzando constantemente o “regato”
(cando leva auga debe ser espectacular). Con todo é unha “pasada”,
xa que para calquera lado que dirixiras a vista sempre atopabas algo
espectacular, incluíndo o roque de Idafe, que moitaaaaas se
empeñaron en atopar parecido non sei a qué.
Aquí demos por concluídas as rutas (por esta vez) e volvemos aos
apartamentos.
Non debemos esquecer que todos os días pola noite había ganas de
festa e as caipirinhas, mojitos e ronçitos do Alavasca facían
milagres. Que ben o pasamos!
O sábado foi día libre para coñecer a capital, visita ao museo, ao
mercado, degustación de zume de cana de azucre e compras varias.
Pola noite cea de grupo degustando os peixes da zona acompañados
polo xa noso amigo Jose e os que viaxaran con nós dende Vigo.
Xa o domingo últimos baños na praia e na piscina, recollida de
maletas e para o aeroporto. Como diciamos ao principio as opinións
eran todas parecidas. O que máis e o que menos quería quedar unha
semaniña máis.
A preparar a seguinte!
De momento deixamos este aperitivo de fotos. O menú completo estase a preparar, e como bos cociñeiros facémolo a lume lento. Non desesperar!
Aquí vai o primeiro prato
Este é o segundo...
Vai outro prato
E outro máis
MERCE:
ResponderEliminarEu ao igual que Jose Luís e a nosa filla Ana estou moi agradecida á orghanisasión xa que fixeron un traballo fantástico e así as que non andivemos puidemos disfrutar desta marabilosa illa. Por algo lle chman isla bonita. Grazas
Grazas a tod@s polos bos e emocionantes momentos que pasamos estes días. Compartimos barrancos, tuneis, "angustiosas" pendentes, sol, chuvias, piscina (algúns non!!),volcáns, almendrados, "birriñas" e por suposto curvas, moitas curvas pero por riba de todo compartimos a paixón por camiñar, o esforzo de chegar un pouco máis alá...
ResponderEliminarA que estes días foran un éxito contribuiu, dun xeito totalmente inesperado, unha persoa en especial: O noso conductor, Jose.
(Paso al castellano para que me entiendas)
Jose, eres un gran vendedor de tu Tierra. Nos la has mostrado con el corazón en la mano, has querido compartir con nosotros lo mucho que sabes de esa presiosa parte del mundo que es La Palma, de su historia, su geología, sus gentes, su impresionante naturaleza, hasta hemos aprendido algún que otro truco para cultivar plátanos!!! Impresionante!!
Mis más sincero respeto y agradecimiento. Unha aperta (Un abrazo)
jose luis eres un crack
ResponderEliminarSolo con mirar xa o pasei a mitade de ben, como seria si estivera con vos! Grazas organizadores, non perdades as mañas para cando esta que non foi poda ir.
ResponderEliminarGrazas tamén aos fotógrafos, moi fermosas!
Por certo, son Josefa
EliminarEsta tempada xa case esta a rematar e espero que o ano que ven sexa mais fructicero, pero coas reportaxes profesionais de todalas saidas faixeme mais levadeira a miña ausencia.
ResponderEliminarGracias aos fotografos, cronista e guias polo excelente traballo e un saudo para todos os do grupo.
Vémonos a tempada que ven.
Hola o meu comentario sera de agradecemento para todos en xeral ,a todos os que prepararon a viaxe ,en especial a Bacelos,que ten muita paciencia con nos. Tamen os meus compañeiros de apartamento que son mui sipaticos.Decir me gustou ir en avion.Paseino moi ben,tanto de dia como de noite.Algun-s senderos custaronme un pouco pero pagou a pena pa mirar tan maravillosas paixases. Gracias por tan bonita viaxe PARA EL CONDUCTOR DE LA GUAGUA ESPERO QUE CUANDO VENGAS A GALICIA TE GUSTE TANTO COMO A NOSOTROS NOS A GUSTADO TU ISLA BONITA. GRACIAS JOSE. PILI COSTAS.
ResponderEliminar