O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

26 mar 2013

Praia de Eiras - Muíños do Folón e Picón




A orghanisasión do Souto do Vello programounos para este mes de marzo, con moi bo criterio, unha saída para gozar da auga. E que mellor momento que visitar os muíños do Folón e do Picón despois da auga que leva caído. Así estaban de espectaculares as fervenzas, as levadas e regatos que por aí pasan.
Saímos o domingo 24 de marzo ás 8:30 de Matamá en dirección á praia de Eiras no concello do Rosal. As predicións meteorolóxicas presaxiaban un día negro e chuvioso, pero o microclima desta zona permitiunos gozar dun día marabilloso, con algunha chuvieira que veu para xustificar que levabamos chuvasqueiro.
Comezamos a andaina na fermosa praia fluvial de Eiras percorrendo parte do extenso piñeiral que acompaña este tramo final do pai Miño. Enseguida collemos o esteiro do Tamuxe e río arriba chegamos ao Rosal. Cruzamos a vila,  a aldea de Fornelos e tiramos cara o Picón buscando o inicio dos muíñosdo Folón. Espectaculares!
Ascendemos ata a ermida de San Martiño onde fixemos parada para o xantar.
De volta buscamos o río Cal para descender pola súa beira. Alí atopamos ao amigo Nacho que resultou ser o restaurador dun par de muíños que hai nesa zona. Moi amablemente se brindou para amosarnos o seu traballo e visitamos os dous muíños que está preparando con moito mimo. Unha boa opción para unha fin de semana de relax.
Seguimos camiño ata atoparnos coa ponte pola que había que cruzar o río, pero o río pasaba por riba dela, así que tivemos que buscar o xeito de vadear. Os nosos exploradores atoparon ben por onde facelo, pero algúns quixeron ir á aventura e houbo quen probou a temperatura da auga. Sen maiores contratempos chegamos ata os muíños do Picón e fomos baixando pouco a pouco ata chegar ao bar “Camiño do Folón” onde nos esperaba un merecido reconstituínte. Ali collemos o autobús que nos trouxo a Vigo despois de deixar en Eiras aos amigos de Ponteareas que nos acompañaron unha vez máis.

A próxima saída será a convocatoria da Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, domingo 21 de abril: IV Andaina pola protección da serra do Galiñeiro, da que teredes máis información.

Se queredes ver as fotos premede aquí.

10 comentarios:

  1. Mimadriña canta auja! Ajora xa sei por que chove tanto nesta semana! Sejuro que mandastes unha levada deses muíños hasia unha borrasca permanente! Case prefería unha molladura con viño da bota que algún bebeu diante da capela! Non sería viño de misa? Porque para beber auja non presisaba máis que ajacharse!
    Falando en serio, sinto ter estado aljo perjudicada ese día pois perdín un espectáculo marabilloso. Menos mal que aljún coñesido vai sempre carjado co aparato da fotografía!
    Espero camiñar cos soutiños e con moita máis xente na andaina pola protección do Galiñeiro e justaríame que ese día houbese sol ou polo menos que non chovera para que fose moi concurrida.

    ResponderEliminar
  2. Hola a todos que dia mais marabilloso pasamos un pouco curto, a andaina das mais suaves que recordo, ou sera que me atopo estupendamente, o dito o dia perfecto a ruta preciosa chea de ajua pero polos rejatos e non por riba nosa coma aljuhas que me dixeron que como iba chover moito non viñan pois que espetaculo se perderon ai que ter mais fe na orjanisasion que parece ser que esta vez tiñan o dia pedido pois amijiñas ir vendo as afotos e consolarbos, hasta coñecimos a Nacho que nos invitou a pasar outro dia con mais calma por ali, e que eu non sei chejar por que sinon no verano pasabame un dia porque o sitio e precioso e relaxante xa estou deseando que cheje a proxima bicos para todos que sodes estupendos, para as que non viñestes tamen un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Que razon tés elena, a andaina foi espectacular. por serto, o de perjudicada non sería polo viño...Tamén faltaron outras que lle tuveron medo a chuvia e outras que están maliñas como a loli. Dixome Jose luis que tiña jana tirarlle da lingua por andar a falar mal del, pero con cariño eh. Espero que vos poñades todas ben pronto porque se faltades as mozas nos pa quen miramos. Bueno pos muiños, e verdá, que mo está a dicir a muller. A seguir e xa nos veremos no Galiñeiro que hai que defendelo. Por certo outro acerto da orghnisasion como di na cronica, que asertou co sitio e mais co dia. Saudos a todos.

    ResponderEliminar
  4. Quero disirche Carmiña que a andaina resultou espectacular polo tempo que ten feito,polo sitio e pola boa orjanisasíon que hai sempre pero que non che creo que por fasela estés tan estupenda... non te tires tantos pejotes pois eu xa fixen varias veses( moito máis curta eso si) a ruta dos muíños e recordo ter visto aljunha señoritiña que a fixo en sandalias de tacón altísimo e moitas outras persoas que o único que pasean é a calle de Prinsipe cando hai rebaixas. Claro que sejuro que pola noite estarían botando sapos pola boca contra quen as animou a fasela.
    Pero Carmiña, ti non te desanimes que estás moi boa mosa e non coma min que me perjudica calquera frío a traisión, que iso foi o que me impedíu ir con vós e non o viño que o Manolo deixa cair coma quen...o meu é unha suposisión pero do que aconteseu no voso xantar hai testemuña jráfica.
    E ó José Luis disirlle que felisite da miña parte ó seu irmán rosquilleiro( que tamén foi á andaina) xa que lin nos xornais que a todos os rosquilleiros de PONTEAREAS déronlles un premio polo seu traballo e sei que todos josamos moito das rosquillas que comemos despois do cosido da andaina do río Barragán.

    ResponderEliminar
  5. M anolo que envidia me deu cando miren as fotos graciñas por acordarte de min si estou maliña foi culpa daratecida do día do cocido do JOSE LUIS si esta picado por algo será na proxima saida xa falaremos cara a cara. biquiños a organisacion

    ResponderEliminar
  6. Non teredes outra cousa que facer mais que andar asustando a xente polo camiño. "hai que votar os pementos e as sebolas".

    Carballeira vaite poñendo en forma para a festa da sementeira, CONTAMOS CONTIGO, o logon te espera.

    ResponderEliminar
  7. Sege o camiñante o seu camiño
    e o pasar polo Galiñeiro
    non queremos que o vento mova,
    as aspas, do impertinete muiño

    Todos o Galiñeiro, galos e poliñas.
    Perdoar polo de "galos e poliñas"

    ResponderEliminar
  8. manolo estou dacor do contigo o souto do vello debiamos demostra onoso apollo polo galiñeiro na miña terr a son galos galiñas poliños poliñas pitos e pitiñas

    ResponderEliminar
  9. según lo comentado, me da que lo que cruzasteis no es un puente, si no el paso da Cal, una pesqueira donde el río sienpre va por encima, dependiendo del cauce se puede pasar con mayor o menor dificultad, a la izquierda está una de las pozas que más me gustan de ese río. Me gustaría hacer algún día otra ruta con vosotros para recordar biejos tiempos. un saludos para todos. Alfonso

    ResponderEliminar
  10. En hora boa a organizacion desta marcha pola la defensa do GALIÑEIRO.O proximo ano si se sale do mesmo sitio hay que organizar ben o do churrasco.Carballeira eres cojonuda,Marite unha fora de serie,e non digamos o Jose Luis e familia,e que me decides do Garcia,e o Jose,Manolo cacheiras etc..etc..etc..En difinitiva somos unha gran FAMILIA.Oxala sigamos disfrutando destas andainas todos xuntos durante muitos anos.KEROVOS.

    ResponderEliminar