O Souto do Vello
cumpre por segundo mes consecutivo coas súas tradicións. Se o mes pasado tocou “sufrir”
co cocido, este mes toca subir xubilosos ata o santuario do bacallao...e haberá
que ir!
Pero antes a
andar. A organización preparounos unha bonita ruta en torno a Castro Laboreiro.
Para comezar achegámonos ata Assureira. Ó pé da súa bonita ponte de San Brás, no
río Laboreiro demos a saída. Fomos acompañando o río durante un tramo.
O
primeiro que atopamos é a ponte Nova da Cava Velha, magnífica ponte romana que
atravesando o río Laboreiro daba paso a unha vía romana que viña dende Entrimo
ata Ameijoeira e continuaba ata Castro Laboreiro. Tamén pasamos por unha antiga
represa e pola capela do Señor da Boa Morte, unha das tantas que hai ó longo de
Portugal con este nome.
Pronto chegamos a
Pontes, unha braña de inverno co seu muíño e forno comunitario e varias casas
moi ben rehabilitadas ou en proceso de. Na saída deste lugar está o famoso “aqueduto”.
Unha construción de granito que abarca uns 60 m con 23 tramos rectos e que
servía para levar a auga para o rego.
Continuamos
camiño cara a Ponte da Dorna e volvemos pasar por Assureira para comezar a
subir ata Barreiro coa súa bonita presa, xa case no tramo final da andaina.
Poucoa apouco fomos chegando a Castro Laboreiro, o noso destino. Alí nos
esperaba o restaurane Miracastro para ofrecernos o seu suculento menú: fumeiros,
crema de legumes, bacallao con broas, cabrito
e as famosas e agardadas tetiñas castrexas...lixeiro.
O remate, como
sempre, amenizado polo afamado grupo “Os Soutiños” e os espontáneos bailes da
concurrencia.
Ata a próxima.
Para ver máis fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario