O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
6 de dec. de 2015
19 de nov. de 2015
Ribeira Sacra do Miño
Está claro
que o outono é unha das mellores épocas para visitar as terras da Ribeira
Sacra, ben sexa
do Sil como a do Miño, porque podemos gozar das espectaculares cores que nos ofrecen os viñedos, os soutos e as carballeiras. Pero tamén das igrexas románicas e das bonitas vistas sobre os ríos.
do Sil como a do Miño, porque podemos gozar das espectaculares cores que nos ofrecen os viñedos, os soutos e as carballeiras. Pero tamén das igrexas románicas e das bonitas vistas sobre os ríos.
Desta volta
a organización reservounos a visita á Ribeira Sacra do Miño. Debeu haber algún
problema de comunicación porque sempre nos asegura o bo tempo, e sen embargo
cando chegamos había unha brétema que nos impedía ver a paisaxe. Pero unha chamada de última hora fixo que ó pouco tempo xa empezara a abrir para
quedar un día estupendo, non falla! Acompañáronnos na saída os amigos e amigas
do grupo “Pedra Jallada” de Ribadetea. Foi un pracer contar coa súa compañía
durante todo o percorrido e esperamos volver a camiñar xuntos.
O sendeiro,
que foi preparado e moi ben marcado pola Asociación de Veciños de O Saviñao,
comeza nunha das xoias do románico galego, a igrexa de Santo Estevo de Ribas deMiño, no concello do Saviñao. Dende aí pódese gozar dunhas espléndidas vistas
sobre o val do Miño (segundo nos contaron desde a organización). A continuación
collemos o sendeiro e camiñamos por unha
verdadeira alfombra de follas tanto de carballos como de castiñeiros. Pasamos
por aldeas como Buxán, Galegos, O Piñeiro e Montecelo, onde paramos a tomar o
bocata ó pé das ruínas da antiga igrexa de Santa María do Camiño. De alí fomo a
Diomondi onde hai outro dos monumentos da Ribeira Sacra como é a igrexa de SanPaio de Diomondi.
Logo
comezamos o descenso polo chamado “camiño dos Codos de Belesar” que forma parte
do Camiño Sur a Santiago de Compostela pasando por algúns tramos de calzada
romana. Xa logo se
divisa a vila de Belesar co seu embarcadoiro amparada polos impresionantes viñedos en socalcos. Subindo e baixando polo medio deles, chegamos á Praia fluvial da Cova. De aí fomos ata a adega que comercializa o viño Abadía da Cova, denominada Adegas Moure desde onde se pode ver unha das paisaxes máis bonitas da Ribeira como é o meandro que forma o río Miño chamado Cabo do Mundo.
divisa a vila de Belesar co seu embarcadoiro amparada polos impresionantes viñedos en socalcos. Subindo e baixando polo medio deles, chegamos á Praia fluvial da Cova. De aí fomos ata a adega que comercializa o viño Abadía da Cova, denominada Adegas Moure desde onde se pode ver unha das paisaxes máis bonitas da Ribeira como é o meandro que forma o río Miño chamado Cabo do Mundo.
Fixemos unha
visita guiada ás instalación e logo degustamos un par de viños ofrecidos pola
adega que acompañamos das imprescindibles rosquillas de Ancla. Por certo que
aproveitamos para felicitar ó noso amigo Kiko que ese día se facía un pouco
máis vello. Felicitar e agradecerlle as rosquillas.
En fin, un
día fantástico cunha ruta preciosa. A pensar na próxima!
Para ver máis fotos fai clic aquí.
5 de nov. de 2015
27 de out. de 2015
Camiño dos faros 1-2 (Malpica - Faro Roncudo)
Primeira
saída de fin de semana da presente tempada. Do mesmo xeito que andamos metidos
no proxecto de facer o GR-58 en distintas etapas, a organización leva tempo
barrenando con levarnos a facer algo espectacular e que mellor que propoñernos facer este sendeiro chamado “O camiño dos faros”.
Isto foi unha iniciativa da Asociación O Camiño dos Faros para promocionar esta
ruta pola Costa da Morte e que a coñeza moita xente co máximo respecto pola
natureza. Un percorrido con gran variedade de paisaxes, sempre pegados ó mar e
cos faros como guía para seguir o camiño. Con saída en Malpica e chegada ó faro
de Fisterra, percorre ó redor de 200 km en oito etapas. O Souto do Vello
agradece ós trasnos o traballo realizado para levar a cabo esta iniciativa e
fai votos para que se consiga a homolgación e ter así o gran GR e Galicia nunha
costa espectacular como é a Costa da Morte. Podedes consultar a páxina oficial
para coñecer polo miúdo este sendeiro. http://www.caminodosfaros.com/
Nós fixemos
as dúas primeiras etapas, adaptándoas un pouco ás nosas necesidades. O sábado
fixemos de Malpica ata o faro de Punta Nariga e o domingo dende Punta Nariga
ata o faro Roncudo.
Cando
chegamos o sábado a Malpica estaba un tempo bo para camiñar, despois duns
cafeciños puxémonos en camiño para atoparnos moi pronto coa fonte e capela de
san Adrián e divisar xa as illas Sisargas.
Dá gusto
camiñar por estes sendeiros. Agradecemos o labor do concello de Malpica ó manter limpo o
sendeiro. Facemos tamén un chamamento ó resto dos concellos para que colaboren
no mantemento da ruta.
Gozando das
espectaculares paisaxes como din os trasnos na súa web, chegamos ata o faro de
Punta Nariga moi contentos.
Trasladámonos
ata o hotel Monte Blanco, na parroquia de Neaño no concello de Cabana de
Bergantiños, onde nos trataron de marabilla, coas habitacións ben coidadas e un
almorzo fantástico.
Tamén
queremos agradecer o trato dos restaurantes París e Sabelo onde nos repartimos
para cear. Recomendables ámbolos dous.
O domingo
fixemos a “nosa” segunda etapa dende o faro de Punta Nariga ata faro Roncudo. O
día estivo fantástico e o espectáculo do mar batendo nos acantilados invitaba a
quedar alí por algún tempo, pero había que chegar a destino. Dende o faro
trasladámonos á vila de Corme para tomar unas cerveciñas reparadoras e coller camiño
de volta a Vigo.
Dado o éxito
destas dúas etapas, a organización fixo unha enquisa entre os andaríns e mais
entre as que estiveron de turisteo no autobús, e todos decidiron converterse en
trasnos e continuar o camiño. Este é un reto para a organización que ten que
preparar as outras etapas pero estamos seguros de que o fará de boa gana.
Para ver as fotos fai clic aquí
Falando de organización, desde o Souto do Vello queremos
facer chegar o noso agradecemento a Montañeiros Galegos polo Nepal- MGxN polo esforzo realizado en apoio aos afectados pola catástrofe do Nepal deste ano.
Sentimos non poder estar na Andaina Solidaria celebrada o domingo polos montes
de Vigo pero tamén nos solidarizamos. É por isto que nos queren incluír como club colaborador.
12 de out. de 2015
Camiño dos Faros (Malpica - Faro do Roncudo)
Notas: Temos que levar comida para os dous días. O domingo teremos pan fresco no hotel.
Debemos levar suficientes recipientes con líquido para toda a etapa, xa que non hai fontes en todo o percorrido.
10 de out. de 2015
Andaina Solidaria
A ONGD Implicadas convída a asistir á III Andaina Solidaria nos Ancares. Se queredes máis información facede clic no seguinte enlace http://implicadas.net/event/iii-andaina-solidaria-implicadasos-no-desenvolvemento/
30 de set. de 2015
3ª etapa do Sendeiro das Greas (Xunqueiras - Nespereira)
Uff! Mimadriña!
Pero este hoxe que fixo!
Non lle falo máis!
Que dis muller! Tampouco é pa tanto!
Si, ti como es amigha!!!
Aquilo parecía un galiñeiro ata que chegou a
Carballeira para poñer orde. Un berro por aquí e outro por alá e as cousas quedaron
claras. Non se trataba dunha andaina dura, é que é a primeira da tempada e
ademais vai moita calor. Menos mal!!!
Isto é o que di o profe Telmo na crónica que publicou
no Wikiloc
“Son en
torno a 23 km dos cales 15 discurren polo trazado do GR. Existe un treito
precioso por un camiño de uso tradicional entre Cuartos de Borbén e Sequeiros
que desgraciadamente está bastante cheo de auga (mesmo nalgún punto parece que o
camiño se converte nun pequeno regato), como consecuencia de que as augas
empregadas antigamente no regadío de campos están prácticamente
"perdidas" polo desuso.”
Un pouco máis adiante
desviámonos do Sendeiro para achegarnos ata o lugar chamado Santo Aparecido “unha
estrana escultura de granito de orixe descoñecida e cuxa festa (pagana) se celebra
o último domingo de agosto. No entorno onde se atopa esta pequena estatua,
existe un petróglifo sobre unha rocha prácticamente a nivel do chan na que se
poden observar motivos abstractos (círculos e coviñas).”
Aproveitamos para
tomar as once porque ademais hai unha fonte con auga moi fresquiña. Xa repostos
comezamos o ascenso ao Galleiro que, como di Telmo: “O ascenso ata o cumio do
Galleiro é relativamente cómodo por pistas forestais pero non deixa de ser un
ascenso tendido cun desnivel de 300 metros dende a aldea do Galleiro ata o
propio cumio a 744 metros de altitude co cal hai que tomalo con certa calma.”
Isto foi o que alborotou
o ghaliñeiro, entre o ascenso, a calor e que non adestramos durante o verán…
pois iso. Pero todo cambia en canto chegas arriba porque…” As vistas dende alí
son espectaculares e en días con boa visibilidade pódese observar dende a serra
do Suído ata o Barbanza.“
Baixando por unha
cómoda pista chegamos ata Nespereira onde estaba o autobús ao pé dunha billa
con auga fresquiña que nos serviu para refrescarnos un pouco.
O persoal xa falaba da
segunda da tempada que promete co que nos contou o noso guía.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Aquí tedes o enlace de wikiloc ao track da andaina que fixemos e que publicou Telmo:
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10950034
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







