Debido ós compromisos adquiridos con anterioridade dos andaríns do Souto do Vello vémonos na obriga de suspender definitivamente a saída que se cambiara para o 22...queda posposta para a primavera.
A próxima saída será o 12 de xaneiro.
Non esquezades que seguimos coas convocatorias especiais do 25 de decembro e do 1 de xaneiro con saída ás 10 da mañá.
Saúdos e desculpas.
O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
15 de dec. de 2019
12 de dec. de 2019
Cambio de data saída a Portugal
Atendendo as previsións meteorolóxicas, vémonos na obriga de suspender a saída do vindeiro domingo 15 de decembro.
Pásase para o seguinte domingo 22 de decembro co mesmo horario e itinerario.
É necesario que confirmedes se ides ou non. Graciñas.
Pásase para o seguinte domingo 22 de decembro co mesmo horario e itinerario.
É necesario que confirmedes se ides ou non. Graciñas.
26 de nov. de 2019
20 de nov. de 2019
Castro de Doade - Casa do patrón
Como a situación política anda un pouco revolta, a organización do Souto do
Vello decidiu adiantar a saída do cocido ó mes de novembro non vaia ser…E como
non, un dos lugares onde hai que ir tomar un bo cocido é Lalín, por iso nos
levaron ata Codeseda, na Casa doPatrón.
Pero antes de comer hai que andar e que mellor que facelo polo PRG 210, un
sendeiro circular duns 17 km promovido polo museo etnográfico “Casa do Patrón”.
Máis concretamente está homologado como PRG 210 Ruta do Castro de Doade.
Comezamos a ruta, nun día algo chuvioso, na localidade de Codeseda, onde se
atopa o museo, para ir ata o Castro de Doade logo de cruzar polas casas
rehabilitadas e nomeadas.
O camiño está sementado de follas que amortecen o camiñar levándonos baixo
uns bos exemplares de castiñeiros, carballos, e outras árbores que nos
acompañarán durante toda a senda. Pasamos por “A Pía da Cal”, a “Fonte da Costa”
e tomamos o primeiro contacto co río Asneiro, afluente do Deza, que vén ben
cargado de auga despois das chuvias destes días. Tamén vén cheo o río Abeleda,
que nos acompaña a continuación coa vista posta no viaduto do AVE.
Continuando o sendeiro marcado chegamos ata un dos lugares máis
pintorescos, “O muíño de Froiz”, un recuncho moi ben coidado por parte do
propietario que invita a visitalo.
Cruzamos un par de veces a vía do tren e continuamos sendeiro que ademais
de follas está cheo de castañas e algún que outro cogomelo.
Si
puidemos visitar a Área Recreativa de Mouriscade, un amplo espazo dunha grande
beleza paisaxística, onde se atopa tamén un albergue xuvenil.
Seguimos
camiño e chegamos ó “Mirador do Asneiro” onde xa nos chegou o cheiro do cocido.
Isto deunos forza para subir o último repeito que nos levou de novo ó lugar de
partida.
Por fin
ben sentados e con boa temperatura demos conta do fozante, cornante e
voante
que nos serviron as amigas da Casa do Patrón.
Ó remate
cambiamos a actuación do Soutiños pola visita ó interesante museo etnográfico
que como ben di na súa páxina, “O Museo Etnográfico Casa do Patrón é un Museo no
rural, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios, un museo
etnográfico onde se expoñen
máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos apeiros dunha
gran historia, auténticos símbolos de Galicia dos últimos tres séculos”.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Aquí tedes un vídeo chulísimo
4 de nov. de 2019
15 de out. de 2019
Camiño do mar III (O Vicedo - Ortigueira)
Continuamos co
percorrido do Camiño do Norte e nesta terceira fin de semana faremos o
percorrido dende O Vicedo ata Ortigueira, aínda que pararemos un pouco antes,
concretamente no porto de Espasante.
As predicións
meteorolóxicas metían medo pero cos andaríns do Souto do Vello non se meten,
non hai ameazas que os fagan quedar na casa.
O certo é que tivemos
un sábado extraordinario para camiñar e gozar das espectaculares paisaxes da
zona que iamos percorrer.
Cruzamos a vila do
Vicedo polo seu paseo marítimo e encamiñámonos cara o Porto do Barqueiro. Antes
cruzamos a ponte de ferro que data de
1901 e foi construída para facilitar o paso entre as provincias de Lugo e A
Coruña, antes facíase en barcas. Une os concellos de Mañón e O Vicedo.
Cunhas vistas
preciosas do Porto do Barqueiro ímonos achegando ata ese lugar para xantar.
A ruta continúa ata a
punta de Estaca de Bares, tras pasar pola canteira e logo dunha subidiña chegar
ó punto chamado Vixía do Facho Maeda, cuns miradoiros espectaculares cara o mar
Cantábrico a un lado, coas rías de Viveiro e o Barqueiro cheas de preciosas
praias e, se pechas os ollos podes ver as naves que participaron na batalla
naval durante a Guerra de Independencia (disque hai máis de 30 afundidas pola
zona). Para o outro lado divisamos o Océano Atlántico coa ría de Ortigueira e o
farallóns de Cabo Ortegal. Impresionante!!!
Chegados á punta de
Estaca de Bares, alí estaba o resto do grupo agardando e recibíndonos con
ánimos e fortes aplausos. Visita á punta e busca da liña que separa os dous
mares (algúns non conseguiron vela), volta ó autobús e regreso ó Porto do
Barqueiro para instalarnos no hotel.
Despois duns paseíños
ceamos no restaurante La Marina.
O primeiro que nos
atopamos é a praia de Esteiro, magnífica praia salvaxe cunha duna grande á
esquerda que se salva con pasarela de madeira, e comezamos unha subidiña ó pé
duns acantilados agrestes pero de gran beleza.
Esta é unha ruta de
gran beleza onde non sabes con que lugar quedarte, as
vistas son inesquecibles,
xa sexa a citada praia de Esteiro, como os cortados de Loiba, as praias de
Bimbeiro e do Picón, as aldeas de Mogor, O Picón...a Pedra Furada,... sen
esquecernos do afamado “Banco máis bonito do mundo”.
Despois de salvar a “vía
ferrata” da praia de Bimbieiro chegamos ó Porto de Espasante á hora de xantar e
onde demos por rematada a andaina de hoxe.
Como o tempo non
axudaba deixamos a visita a Ortigueira para outra ocasión na que continuaremos a
ruta do Camiño do Norte.
Volta a casa
agradecendo a colaboración de todos e todas para que estas xornadas fosen tan
agradables e pracenteiras.
Xa estamos convocados
para o mes de novembro onde visitaremos a Casa do Patrón en Lalín onde
degustaremos o cocido do ano...despois de andar, eh!!!
Para ver as fotos fai clic aquí.
Aquí podes ver un precioso vídeo elaborado por Telmo.
2 de out. de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







