O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
6 de xan. de 2020
20 de dec. de 2019
15 de dec. de 2019
Suspensión saída
Debido ós compromisos adquiridos con anterioridade dos andaríns do Souto do Vello vémonos na obriga de suspender definitivamente a saída que se cambiara para o 22...queda posposta para a primavera.
A próxima saída será o 12 de xaneiro.
Non esquezades que seguimos coas convocatorias especiais do 25 de decembro e do 1 de xaneiro con saída ás 10 da mañá.
Saúdos e desculpas.
A próxima saída será o 12 de xaneiro.
Non esquezades que seguimos coas convocatorias especiais do 25 de decembro e do 1 de xaneiro con saída ás 10 da mañá.
Saúdos e desculpas.
12 de dec. de 2019
Cambio de data saída a Portugal
Atendendo as previsións meteorolóxicas, vémonos na obriga de suspender a saída do vindeiro domingo 15 de decembro.
Pásase para o seguinte domingo 22 de decembro co mesmo horario e itinerario.
É necesario que confirmedes se ides ou non. Graciñas.
Pásase para o seguinte domingo 22 de decembro co mesmo horario e itinerario.
É necesario que confirmedes se ides ou non. Graciñas.
26 de nov. de 2019
20 de nov. de 2019
Castro de Doade - Casa do patrón
Como a situación política anda un pouco revolta, a organización do Souto do
Vello decidiu adiantar a saída do cocido ó mes de novembro non vaia ser…E como
non, un dos lugares onde hai que ir tomar un bo cocido é Lalín, por iso nos
levaron ata Codeseda, na Casa doPatrón.
Pero antes de comer hai que andar e que mellor que facelo polo PRG 210, un
sendeiro circular duns 17 km promovido polo museo etnográfico “Casa do Patrón”.
Máis concretamente está homologado como PRG 210 Ruta do Castro de Doade.
Comezamos a ruta, nun día algo chuvioso, na localidade de Codeseda, onde se
atopa o museo, para ir ata o Castro de Doade logo de cruzar polas casas
rehabilitadas e nomeadas.
O camiño está sementado de follas que amortecen o camiñar levándonos baixo
uns bos exemplares de castiñeiros, carballos, e outras árbores que nos
acompañarán durante toda a senda. Pasamos por “A Pía da Cal”, a “Fonte da Costa”
e tomamos o primeiro contacto co río Asneiro, afluente do Deza, que vén ben
cargado de auga despois das chuvias destes días. Tamén vén cheo o río Abeleda,
que nos acompaña a continuación coa vista posta no viaduto do AVE.
Continuando o sendeiro marcado chegamos ata un dos lugares máis
pintorescos, “O muíño de Froiz”, un recuncho moi ben coidado por parte do
propietario que invita a visitalo.
Cruzamos un par de veces a vía do tren e continuamos sendeiro que ademais
de follas está cheo de castañas e algún que outro cogomelo.
Si
puidemos visitar a Área Recreativa de Mouriscade, un amplo espazo dunha grande
beleza paisaxística, onde se atopa tamén un albergue xuvenil.
Seguimos
camiño e chegamos ó “Mirador do Asneiro” onde xa nos chegou o cheiro do cocido.
Isto deunos forza para subir o último repeito que nos levou de novo ó lugar de
partida.
Por fin
ben sentados e con boa temperatura demos conta do fozante, cornante e
voante
que nos serviron as amigas da Casa do Patrón.
Ó remate
cambiamos a actuación do Soutiños pola visita ó interesante museo etnográfico
que como ben di na súa páxina, “O Museo Etnográfico Casa do Patrón é un Museo no
rural, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios, un museo
etnográfico onde se expoñen
máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos apeiros dunha
gran historia, auténticos símbolos de Galicia dos últimos tres séculos”.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Aquí tedes un vídeo chulísimo
4 de nov. de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





