Dende o alto do confurco ascendemos pola beira do río Couso seguindo as marcas do PR-G 132. alí puidemos ver un muíño de aceña totalmente restaurado. Seguimos camiño ata chegar ao alto de San Cibrán (ninguén se atreveu a subir o penedo como fixeran hai uns anos). Descendemos cara á Picoña acompañando ao río Caselas. Chegando á área recreativa das Conforcadas enlazamos co GR-58 para subir ata o faro de Budiño onde puidemos repoñer forzas tomando o sol!! De alí fomos pola pista ata chegar onda o pianista. O amigo Poli demostrounos que aínda está en forma. Arreamos zapatilla para chegar outra vez ao confurco e despedirnos ata o día dos callos (30 de xaneiro).
Para máis información sobre a rota dos Montes de San Cibrán pica aquí.
A verdade é que dá gusto comezar así o ano. Fermosísimas as paisaxes desta zona e non digamos o sendeiro que sube polos muiños de Couso. Un gran traballo de recuperación se ten feito nestes muiños e é destacable o muiño con roda vertical que o amigo José Luis nos explicou e puxo en marcha. A seguir camiñando!!
ResponderEliminar