E resultou o que se esperaba. Ou se cadra máis. A Serra da Peneda segue a ser un lugar máxico, cheo de contrastes. Penedos de centos de miles de toneladas envolvéndoo todo, e un bo exemplo vímolo no "Circo das pedras", bosques de coníferas nas zonas máis baixas da serra e bidueiros a máis altitude en lugares nos que a auga é o primeiro elemento. Comezamos en Lamas de Mouro e tomamos camiño cara a Castro Laboreiro onde nos esperaba un fabuloso bacalhau con broas (en Portugal non digades "exquisito" pois ten un significado totalmente contrario que no noso idioma). A serra está inzada de pequenos regatos que baixan apacibles entre bosques, rochas e prados. Pero unha gran parte do percorrido transcorreu por camiños empedrados probablemente construidos para seren vías de comunicación co cercano santuario da Peneda e utilizados por peregrinos durante séculos. Un momento impresionante foi o encontro cunha parella de xabaríns, quizais nai e fillo, que ao outro lado dunha bagoada trataban de poñerse a salvo dos "visitantes de vermello". Ainda así a anécdota do día púxoa o noso compañeiro Gonda que, nun mal paso (ou iso foi o que nos dixo), lesionou a súa perna esquerda. Afortunadamente non foi nada grave e puido continuar a camiñata non sen precisar certa axuda ata que o coche-escoba do señor Manolo o recolleu no último treito do camiño.
O peor de todo quizais fose ver moitas hectaréas queimadas, moi probablemente para favorecer o pastoreo do gando que anda ceibe polo monte. Seguramente será un práctica habitual, incluso tradicional nesa zona, moi enraizada na súa forma de xestionar o monte pero a min que me disculpen pero non o entendo....
Ao final aconteceu o que tiña que acontecer: case 60 persoas degustando o famoso bacallau con broas do restaurante Miracastro ademáis do cabrito ao forno e das "tetas castrexas" como sobremesa.
E rematou como tiña que rematar: os magníficos, terribles, festexeiros e irrepetibles Soutiños (baixa modesto!) puxeron a nota final (nunca mellor dito) a un día soleado con boa temperatura e que xa nos tarda para repetir.
Por certo, as enquisas que vos pasamos para preparar a vindeira tempada e decidirmos por repetir aquelas saídas que máis vos gustaron deben ser entregadas na vindeira andaina. Axúdadenos a preparar o décimo aniversario!!
A seguir camiñando!!
--
Telmo
Aquí podedes ver algunhas das fotos que ilustran o que di Telmo. Pronto haberá máis.
Xa estamos aqui de novo para deixar unhas verbas despois dunha longa semana Santa (non con moi bo tempo por certo) e despois tamén dun fermoso, accidentado e agradecido percorrido pola Peneda.
ResponderEliminarFermoso pola paisaxe ¡canta pedra polo camiño!. Accidentado polo percance de Gonda, e polo penoso monte queimado como di o compañeiro Telmo. E agradecido polo "fabuloso" xantar con que alimentamos os nosos corpos valeiros (sigo botando de menos as "tetas" para alimentar o espíritu, pero bueno iso xa é outro cantar).
Non quixera rematar este breve resumo sin comentar a reveladora union entre Moncho e Jonda. Fixastedevos con que cariño Moncho acompañouno na súa desgracia.¡Cantas atencións e coidados!¡Eso es amor Si Señor!
Esta si que foi unha andaina... Bonitas paisaxes (bueno menos a parte queimada), bo ambiente, riquísimas empanadillas, moi bo bacallao e o baile...non digamos, (algúns apretan moito). Aínda por riba no autobús de volta foi unha festa, polo menos na parte de atrás, eu creo que os que van alí deben pagar máis. Eu na próxima desde logo xa vou coller sitio, non quero perder esa festa.
ResponderEliminarLástima da lesión do amigo Gonda, espero que non sexa nada e que se apunte para a próxima.
A facer quilómetros! Saúde a todos!
Ola, ola:
ResponderEliminarEu como estou dacordo co todo o dito anteriormente (menos con que os da parte de atrás do autobús paguen máis), so quuero facer unha reflexión.
Como pode ser tan bonito un lugar no que mires hacia donde mires, xires acabeza e mailo corpo enteiro hacia donde o xires, tan so podes ver pedras, pedras e máis pedras (Circo das pedras)???? Increible pero certo, impresionante.
Un saúdo para todos