O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

8 abr 2011

Ruta pola Serra da Peneda - Andaina do Bacalhau con broas (17/04/11)

Xa está próxima a tradicional andaina do Bacallau con broas!!. Xa tardaba unha nova ruta gastronómica do Souto do Vello. Esta será como sempre pola Serra da Peneda en Portugal. Sairemos de Matamá ás 8:00 da mañán en autobús para chegarmos a Lamas de Mouro o noso punto de partida desta andaina que contará con espectaculares vistas, frondosos bosques, ríos e unha natureza pétrea que marabilla a quen a contempla. Pasaremos polo "Circo das Pedras" que non é outra cousa que un lugar impresionante onde grandes penedos son os protagonistas.

O sendeiro terá un percorrido de 19 km e a dificultade será media!! Despois de 5 horas aproximadamente chegaremos a Castro Laboreiro onde nos espera o famoso e exquisito bacallau con broas e tamén, se cadra, un riquísimo cabrito montés regado como non polo abondoso viño da Serra (ou da xerra??)

Xa sabedes, hai que anotarse, vir descansados do día anterior e sen comer dende dous días antes!!! Se quixerdes, os comentarios sobre este post serán benvidos.

A seguir camiñando!!!!

--
Telmo

1 comentario:

  1. antonio desde el km 017 de abril de 2011, 14:26

    Aclaración a tan sonada comida do cocido de alguns homes do grupo:
    Todo comenzou na anterior salida o chegar a Matama e algunhas mulleres paparon case todas as empanadillas do Gonda.
    O Sr. Gonda que todo un Sr. quedou doente por que alguns dos seus amigos quedaron sin as empanadillas e nunha reunion urxente se decidiu que xa que os homes quedamos sin as empanadillas, ¡que tanpouco tiñamos tanto interese nelas¡ podiamos compesalo en cambiar as empanadillas por un cocido na casa do anfitrion das empanadillas, e asi se acordou por unanimidade. Un ofreceuse a traer o viño, outros de cociñeiros e os demais o que fixera falta e ¿Que pasou coa lista de invitados? non pasou nada eramos os que estabamos na reunión e algun que se anotou polo ruse ruse, por certo Moncho pa semana ten que votar un placa na sua casa e a ver cantos caen por alí, e asi foi a historia "machista" pa algunhas mulleres do tan careado cocido.
    De todos modos como somos uns bos homes e nada rencorosos, xa tedes en marcha a Paella para o dia "das mulleres do Soutiño". E colirin colorado esto acabouse por hoxe que hai que descansar da fartura de Sr. Fernando de Castro Laboreiro.

    ResponderEliminar