Hai un dito popular que di “En xaneiro un
pouco ao sol e outro pouco ao fumeiro”. Éche ben certo, iso foi o que pasou o
pasado domingo 13 de xaneiro do 2013, día que a organización elixiu para a
primeira saída oficial do ano 13. Non é que estiveramos ao fumeiro, pero si que
nos tocou algo de chuvia pola mañá (non coma na saída anterior), pero logo saíu
un sol espléndido que nos axudou a gozar dunha andaina marabillosa.
Non madrugamos moito para saír andando de
Domaio e subir polo rego da Freixa, un camiño cheo de muíños e pozas. Máis que
rego, xa ten a categoría de regato pola cantidade de auga que levaba. Pasamos
pola aldea de San Lourenzo e seguimos ascendendo cara ao alto do Faro de
Domaio. Antes de chegar, e como mandan os cánones, comemos as 11. Ademais do
corpo alimentamos o espírito cunhas preciosas vistas á ría. Antes de facer cume
puidemos comprobar como aínda existen malas persoas que siguen pexando os
cabalos dificultando os seus movementos co perigo que iso supón no caso de ter
que fuxir por calquera motivo. Esperemos que as autoridades boten man do asunto
e poidan erradicar esa práctica que antes era máis habitual. Por fin fixemos
cume no alto do Faro de Domaio, punto máis alto da península do Morrazo. Este
lugar está bastante deteriorado pola presenza das antenas. Claro que grazas a
elas, podemos falar polo celular e ver a tele... Baixamos cara a Chandarquiña,
parque forestal onde hai unha mámoa que hoxe está ben conservada e protexida.
Seguimos baixando, e despois de pasar pola praza de touros (curro), chegamos a Chan d’Armada onde hai outra mámoa, pero esta
está bastante deteriorada. Aquí, o noso arqueólogo de cabeceira, o doutor Telmo
explicounos un pouco a función destes monumentos megalíticos. Comezamos de novo
a ascensión cara a Cotorredondo onde paramos a comer. Alí o sol xa se deixou
sentir, afortunadamente, porque ía un ventiño que cortaba. Sen a menor
posibilidade de sesta, puxémonos de novo a andar para baixar por un cortalumes
ideal para os descensos con esquís, tiña unha pendente de máis dun 60%. Xa por
unha pista forestal fomos achegándonos ao regato Maior, no concello de Vilaboa.
Alí fixemos o último tramo da andaina cun percorrido espectacular, inzado de
muíños de categoría que sorprenderon a todos os andaríns. Rematamos en Cobres cun
bo sabor de boca unha andaina preciosa, moi ben organizada e con máis precisión
nos tempos que o AVE.
Josefa.Empezo a facer un pouco de confianza no.Jefiño xa que dixo que salia o sol e foi certo ,o recorrido maravilloso,grazas, eu xa dixen o comenzo da tempada que esta Promete
ResponderEliminarJosefiña non lle des coba os jefiños que pronto no la ferran, ainda que tes toda a rason parece que o novo ano os fixo mais serios, que ruta tan bonita e ai o ladiño da casa eu si supera ir de seguro que a repitia, que ven o pasamos todos xuntos e a proxima dis que tamen e moi bonita con cocido e bailongo eu penso bailar con todos e que non se me moleste nadie, por certo que ben escrita esta a cronica e non dijamos as fotos que parecen de pelicula claro que con eses artistas tan juapos calquera, vemonos na prosima e ir disfrazados.
ResponderEliminar