O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
21 feb 2013
Senda da Fraga do Barragán
A crónica desta 2ª andaina do ano 13 queremos adicarlla a Carmiña e mais a Manolo, esas persoas que sempre participan nos comentarios das outras andainas e que fan que este blog se manteña vivo, xa que se non houbese comentarios non serviría para nada; a ver se se anima o resto da xente e particpa coas súas opinións. Antes de nada, a organización quere agradecer ás Comunidades de Montes que se puxeron de acordo pàra recuperar estes camiños e preparar esta ruta tan bonita. É un claro exemplo de que cando se quere e se traballa en equipo os resultados sempre son satisfactorios. Moito teñen que aprender os nosos políticos!! Non nos imos para a relatar o percorrido, xa que eles teñen unha páxina moi interesante onde se pode “ver” todo o percorrido do que eles chaman a Senda da Fraga do Barragán (http://www.sendadobarragan.com/). Nós saímos ás 7,30 de Matamá (algúns queixábanse de que era moi cedo e logo comprobaron que o horario estaba perfectamente medido, un aplauso para a orghanisasión) e chegamos ao torreiro de Xunqueiras, onde comezamos e rematamos a andaina. A pesar da pouca chuvia que ía caendo, puidemos gozar dunha senda preciosa nesta época do ano e que seguro que noutras épocas tamén ten o seu encanto. O río forma un precioso val cunha flora extraordinaria, pero tamén é de salientar os restos históricos, construcións artesanais, muíños…O Monte da Cidade, co seu acueduto e as ruínas do pobo antigo ( aproximadamente data do século XVIII). Todo este conxunto fai máis que recomendable o paseo dos aproximadamente 18 km ata chegar de novo a Xunqueiras. Despois de alimentar os sentidos, tocaba alimentar o corpo. Trasladámonos ata Ribadetea, onde nos esperaba un suculento cocido preparado polos membros da directiva da Asociación de Veciños desta parroquia de Ponteareas. Foi un auténtico pracer saborear, non só as carnes senón as verzas, as patacas e o viño, moi bo. E cando está servido con cariño e dedicación como neste caso todo sabe mellor. A continuación a sesión de baile amenizada polo formidable grupo “Os Soutiños” acompañados polo Çe e mais Judith. Mais tarde converteríanse nun coro de cánticos populares cos que rematou a xornada. A organización transmíteme o seu interese en que quede aquí rexistrado o agradecemento a cociñeiras, cociñeiros e camareiros no nome dos 85 comensais (non todos foron a andar eh?) polo trato cariñoso e a calidade do xantar. Ata a próxima.
Se queres ver as fotos preme aquí
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
carmiña como n os enganaches ivas bailar contodo omundo e disfrazada menos mal que foron 4ratitas e un gato e animaron ocotarro omalo foron os danos colaterale que alguha ratiña esta postrada na cama
ResponderEliminarOutra dos comentarios tamén son eu e nadie me nomea. Non por eso deixo de seguilos mandando e de jabar o xantar, mui bon mui bon. Os cociñeiros e camareiros inmillorables e o precorrido perfecto.
ResponderEliminarOs gaiteiros mui dispostos e os disfrazados mui juaposssss.
As fotos impresionantes e a organisasion perfecta.
Así q miramonos na proxima. Un saudo pra todos!
eu penso que todo etubo ben pero algo pasa os senderistas que animan mui pouco os soutiños nin bailan nin cantan eu creo que debian de pagar doble . gracias soutiños e a organizacion sin vos non seriamos nada. biquiños
ResponderEliminarFoi unha andaina estupenda e a pena foi a chuvia que impedíu deleitarse na paisaxe.
ResponderEliminarQuero "felisitar" á moitos e moitas das "partisipantes" na andaina que despois dos "dasaoito" quilómetros ainda tuveron janas e forsas para bailar coa animasión que o fixeron. Un jrandísimo aplauso para eles que sijen tendo as pernas en boas condisións despois da camiñata. Ainda que penso que aljo lles axudaría a jasolina do espectacular cosido que nos puxeron. Eu josei moito con todo pero espesialmente co chouriso seboleiro, que había moitos anos que non comía.E as flores estaban tan boas que meresían faserlle un marco e coljalas para ir lambéndoas de a pouco. Moitos parabéns para a orjanisasión e os cusiñeiros, camareiros(dos que levan cámara e dos que levan bandexa), jaiteiros...e todos/as os festeiros/as camiñantes.
elena que magua me das pra comer chourizo tes que vis cos do souto do bello tes que animarte e vir mas amiudo con nos non saves o que perdes por moito que che conte o tal jose luis non e igual loli
ResponderEliminarCaramba, estache concurrido este blog. Así me gusta!!
ResponderEliminarO cocido perfecto, os postres ummmmm, o viño non sei que non o probei pero os ghaiteiros-músicos-acordeonistas-percusionistas-cantantes o mellorciño do día!!! Jejejeje.
A seguir camiñando!!!
Que rasón tes Josefa, estes que escriben non teñen moita idea. Tamén ten aljo de verdá que non escribe moita xente nunca e mira ahora, isto da gusto, asi e como tiña que ser sempre. Moi ben Loli dalle caña a ese jose luis que debe ejañar as rapasas pa que non veñan. Bueno pero esta ultimo estuvo ben, eu queixeime por levantarme tan sedo pero despois xa vin que fasia falta, outro aserto da organizacion. Moi ben e moitas gracias por prepararnos estes domingos tan bonitos. e o cosido que me disides, estuvo la mar de bien. Ajora a polo bacallao. Felisidades a todos.
ResponderEliminar! hai ! que apurada ando que non me daba chegado o dia para escribir, antes de nada exiso na proxima cronica un recoñecemento da josefa e mais da carballeira posto que elas son das mais animadas para escreber, por certo dis que a carballeira sentoulle mal o raticida do cosido, e que non hai carballo que non doble, animo muller e queremoste ver na proxima tan quiscalleira coma sempre, sobre a andaina xa o disestes todo a verdade que tiña razon a josefa no comentario da andaina anterior vamos ater que darlle a orjanisasion un plus de confiansa, e dijo eu coma fan para buscar eses sitos que si un e bonito o outro janalle o cosido e a xente de ponteareas marabilloso eu penso que si nos queren volver a aguantar deviamos de repitir, hai rato perez a verdade e que non bailei moito e que creo que me pasei co viño e andaba un pouco mareada, bueno que tranquila me quedei despois de escribir , vemonos na proxima si as pernas ajuantan, grasias a todos pola pasiencia que tedes conmijo.
ResponderEliminarQue bo rato acabo de pasar leendo todos os comentarios, a verdade que con esas felicitacións, danos gusto ir a preparar as rutas , gracias por ese plus de confianza que nos dades, pero non vos fiedes moito que de repente pode aparecer unha empinada costa, o dito gracias a todos pola vosa colaboración en todo momento, asi e facil e da gusto organizar calquer evento e animar a todos que solten o medo e poñan un comentario, e por suposto a seguir camiñando.
Eliminarperdon coas janas que tiña por escribir se me olvidou todo o que tiña pensado escribir e entre outros comentarios era, un beso para yudite e cesar que alegria miralos xunto con nos, que juaapa estas yudite que teñas mui boa hora e que o neno sea tan alegre coma os pais un beso mui fuerte, e acabo de leer o comentario da arjanisasion si si eu de vos non me fio un pelo ja ja ja .....
ResponderEliminarperdona que chediga carmen este blog penso que e para conmentar sobre o souto do vello seique estubeche tan ocupada odia do cocido que non tubeche tempo para darlle besos ecariños unapreta paratodos que partesipan no souto do vello
ResponderEliminarPois tes rasón Loli que tuven que faser esa andaina para comer o seboleiro pois a mín acumúlanseme as jrasas no cu e como fajo moito sillón bol dame remordimento de consensia cando como aljo tan rico pero con tanto colesterol. Espero sejir fasendo destas andainas que fala o tal josé luis e a ver se podo comer papatorias tan boas! Bueno pensando mellor ainda que teña que comer un bocata propio sejuro que me senta moi ben pola compañía dos "soutiños"
ResponderEliminar