O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

21 abr 2013

O Souto do Vello na defensa do Galiñeiro

Como non podía ser doutra maneira, o Souto do Vello fíxose notar na IV andaina pola defensa do monte Galiñeiro. A pesar da cantidade de xente que acudiu á chamada da Plataforma, as camisetas do Souto do Vello deixaban a nota de cor entre a multitude. A "organización" pode sentirse orgullosa dos seus andaríns. Non obstante botamos en falta algúns dos máis significados andaríns, que por enfermidade ou outras causas máis que xustificadas non puideron asistir. Iso si, se queren saber máis detalles, diante dunha cervexa ben fresquiña podemos contárllelos.
Hai que felicitar aos responsables da xornada xa que a organización foi perfecta e o traballo dos voluntarios marabilloso, digno de agradecer. Ata contaron cun tempo espléndido que permitiu gozar dunhas vistas incribles. Dende aquí os nosos parabéns.
Se acaso, poñer unha chata pola falta dos potes do polbo á chegada o que fixo que moitos confiados tiveran que buscar as viandas por outros lares.
Isto non desmereceu a xornada reivindicativa e lúdica na sobremesa, xa que puidemos gozar dalgunhas actuacións que foron moi seguidas e aplaudidas polos asistentes.
No remate algúns afortunados deron conta duns riquísimos doces caseiros (agasallo de Loli e Marité) regados co bo viño de García.
Ata a próxima, non hai que parar ata paralos.

7 comentarios:

  1. Orjullosos estamos de tan nutrida e selecta representación do Souto do Vello na defensa deses montes que tanto queremos e pateamos, nos dicen que felicitemos a os organizadores pola marcha e por permitirnos participar na defensa do Galiñeiro e polo traballo que estan a realizar, a Loli e Marite que sijan asi cociñando para os demais pero elas que non coman que saben que failles dano o azucre, unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  2. Eusebio Cerqueira Alonso24 de abril de 2013, 5:33

    Como casi sempre "O SOUTO DO VELLO" está sempre nos eventos
    de interés, a pesar de nosn contar coa presencia do Xefe, pero
    sempre quedan os encargados que traballan para xuntar o rebaño
    e sacar a foto de rigor que quede como testimuña da nos presenza.
    A verdade e que foi unha xornada mui fermosa tanto pola perfecta orgnisasao como polo percorrido no que tamén axudou o
    dia con un sol expléndido que algúns xa aproveitaron para poñese un pouquiño morenos.
    En fín unha mais que sumar na nosa lenda.
    Un saudo Eusebio.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén opino que foi un día marabilloso: o tempo foi estupendo, as vistas outro tanto e a compañía, aínda mellor.
    O malo foi que fun unha das que pensaba comer polbo á feira cun viño tinto fresquiño pero quedei coas janas. Menos mal que fun arrepañando daqui e dali e espantei a lareca!
    Pero pola tarde o "milloriño" foi comer do roscón de pascua e o queique de Loli e Marité, que justa máis cando non é pascua. E quedei moi satisfeita de ter comido o seu pan de millo corvo(cun chourisiño asado ten que ser a jloria bendita).O viño de Jarsía non o catei pois tiña que "cundusir" pero vin que ninjén o cuspiu así que debíache de estar ao xeito.
    Espero que os de Matamá teñan unhas boas xornadas de sementeira e, se podo, irei comerlles pan de millo e beberlles unha fecha, pois iso é parte do seu alimento e xa se ve que fortes e bos mosos e mosas están todos os do souto do vello.

    ResponderEliminar
  4. aberdade que medeu tristura o souto do bello contaba con mais xente do grupo pa defender aserra do galiñeiro se fora pa comer o cocido non faltaria ninguen elena graciñas por as alabanzas do roscon ebizcocho e o pan domillo corvo muita fame pasas vai mais a miudo por matama posdata a toupeira que tal le vay despois das picadas dos toxos

    ResponderEliminar
  5. Á carbelleira díjolle que eu paso fame, pero solo desas cousas que enjordan o cu, que ti tes moita sorte e podes comer a eito e non te pos como unha foca. En canto a que faltaron moitos do souto do vello, é verdade pero tamén houbo moita xente que non camiña coma vós e se animou pola causa, que tamén teñen moito mérito, e ademáis sufriron un chisquiño, así que hai que ajradeserllo.
    Estou dacordo en que teño que ir máis por Matamá, pero hai que inventar comida e bebida que non crie michelins pois eu estou invitada á unha voda de moito postín e quero quedar coma un fijurín!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A toupeira que caeu nos toxos está moi ben. Díjovos que é un remedio sensacional para a circulación. Ademáis aínda vos ristes un pouco a miña conta.E despois de tomar eses doces tan ricos e o pan de millo corvo, quedei na gloria. Ata a próxima, se pode ser que non haxa moito toxo JAJA

      Eliminar
  6. topeiriña asi tomando ascousas con cariño que alegria medabas sibiñeras aprosima elena te es peraba na sementeira pormuito que queiras quedar coma fijurin non obas a consegir e anonimo que escribio odia 21 de abir anda umpouco despistado pero g raciñas protodo aseñora carmiña quelle pasa qenon escribe esta dolorida sieasi queme perdone

    ResponderEliminar