O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

15 may 2013

A Xestosa (Covelo) - Quins (Melón)







O domingo, día 12 de maio, tocounos repetir a andaina que tentaramos facer e non puidemos completar por culpa da chuvia. Desta vez a organización portouse ben e pediunos un día espléndido de primavera. Así, pouco máis das nove e media da mañá xa estabamos en Prado (O Covelo) preparados para subir ata a ermida da Virxe da Xestosa. Coincidiu que estaban celebrando a romaría que eles chaman de “inverno”. Estaba o torreiro cheo de postos de rosquilla, polbo, pan… pero aínda era un pouco cedo que se non… O mestre Antonio aproveitou para explicarnos as bondades da auga que nace no sepulcro que hai na pedra. Saímos do recinto e continuamos subindo polo monte Faro atravesando polo medio dun gran grupo de muíños como os que queren poñer no Galiñeiro e que nós non queremos que os poñan. No alto parada e foto de grupo. Dende alí comezamos a baixar ata que chegamos ao curro onde tomamos o bocata. Seguimos ata Vivenzo, unha aldeína de Melón, na provincia de Ourense. Neste lugar hai unha eira que aínda conserva algún dos moitos “cabaceiros” da zona, a maioría conserva a pedra da base. De aí continuamos ruta atravesando a carballeira de Tourón onde alguén  picou as pernas cos toxos e que lle serviu para andar máis lixeira. Xa collemos sendeiro cara ás fervenzas do Tourón onde gozamos  da paleta de cores que nos ofrecía a vexetación, tal e como podemos apreciar nas fotos. 

Seguimos pola pasarela ata chegar ao comezo das pozas de Melón. Baixamos ata a parte baixa one descansamos un pouco, xantamos e ata algún valente (ou destemido) se atreveu a bañarse. Despois do descanso atravesamos a N-120 para coller camiño polo canón do río Cerves ata chegar á eira dos hórreos de Quins, onde estaba a fin da etapa. Alí nos recibiu Margarita, a nai de Antonio, na súa casa, cunhas exquisitas viandas: chourizo de Quins e queixo de Arzúa, regados con bo viño tinto de Arbo e branco do Ribeiro; e de sobremesa rosquillas Ancla de Ponteareas. Xa vedes que consumimos produtos da terra. A orghanisasión quere agradecer a acollida e os agasallos. A media tarde volta para casa e xa pensando na próxima, que non é nin máis nin menos que a visita ao santuario do bacallao (San Bacallao de Laboreiro).

Fai clic na foto para ver máis

3 comentarios:

  1. A orjanisasión quer ajradeser a Toñito a idea e posta en marcha desta bonita ruta da que todos disfrutamos con eses inmensos paixaxes, fervenzas mostras de arte popular , etc e coma non das ricas viandas que o final da ruta nos tiña preparadas a sua mai Dona Margarita que coma sempre puso a nosa disposición a sua casa, de verdade no nome de todo o grupo moitisimas gracias, e con semenllantes acollidas a xente so preguntaba cando iamos a volver por Quins, agardamos que pronto.

    ResponderEliminar
  2. Hola, da justo mirar como este grupo se xunta para facer andainas. Espero que sigades facendo moitas.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Josefa
    Sigo decindo que o que fai a sellora Margarita por o gupo
    Non se paga solo con grazas
    As broas yo bacallao ,como sempre muy boas segun comentarios
    Espero acompañar o grupo na prosima
    Un saludo

    ResponderEliminar