O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

31 may 2013

Peneda - Gerês (Pena de Anaman)



Eu hei de subir ó ceo
por unha cinta de la;
teño de levar comigo
á Señora de Anamán.
Aló polas terras do Xurés érguese unha das máis fermosas pedras cunha fenda polo medio da que saíron sete irmás que se converteron en virxes e residen agora naquela comarca, repartidas da seguinte maneira:
Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra na Sobreira, Ferreiros de Entrimo (este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas de Entrimo. 
As tres que se foron a terras portuguesas son a de Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a de Anamán, onde a Santa Ana ten unha capela adicada.


Este foi o destino que levou aos andaríns do Souto do Vello o pasado domingo, 26 de maio, para cumprir con dous mandados. Un era o de celebrar a ordenación dos cabaleiros (e señoras) sendeiristas e outra a de cumprir co preceuto de todos os anos, que non é outro que acudir ao santuario do bacallao en Castro Laboreiro.
Xa de camiño no autobús, o noso guía-predicador nos foi ilustrando sobre a historia que se deu por estas terras do famoso bandoleiro Tomás das Congostras, que dicía aquilo de “O pobre non ten e o rico non dá,  quen queira sentar praza veña á Pena de Anamán,  sete pesos de entrada e un trabuco na man”.  
Alá fomos nós a sentar praza tamén. Comezamos a andar preto de Castro Laboreiro, á altura da ponte das Calnheiras, por unha pista boa que nos levou ata a mesma base da pena de Anaman, impoñente ela coa sua fenda que semella feita por un mal lóstrego unha noite de treboada. Seguimos baixando ata chegar ao santuario de Santa Ana. Alí tivo lugar o pirmeiro dos cometidos que nos levou a esas terras. O predicador subiu ao púlpito e cos seus fieis entregados procedeu á ordenación “dos cabaleiros (e señoras) sendeiristas da pena de Anamán da real orde de Tomás das Congostras”. Aí queda! 

A partir dese momento, ou tamén porque tomamos o bocata, empezamos a subir con máis alegría por un sendeiro entre xestas, toxos, uces e carqueixas floridas. Camiñamos pola fronteira, un pouco aquí e outro pouco alá. Dende ese lugar pódese apreciar unha paisaxe fermosa inzada de rochas graníticas, ou “pedras con formas”, onde cada un ve o que quere. As aguias convértense en xigantes, as tartarugas en lindos golfiños...
Pouco a pouco fomos chegando á ponte de Barziela, despois de atravesar a presa e varias localidades, sen máis interese que o pracer de camiñar en busca do noso destino. Collemos o autobús que nos levou ata Castro Laboreiro para cumprir co segundo dos mandados, que consiste en dar conta dun suculento bacallao con broas. Como todos os anos o amigo Fernando e familia atendéronnos coa amabilidade e fartura que os carateriza. De sobremesa non podían faltar as afamadas “tetas” castrexas, que para uns estaban duras e para outros no seu punto (todo depende dos gustos de cadaquén).
Despois do xantar, festa. Este anos os Soutiños contaron coa inestimable colaboración dun espontáneo acordeonista que fixo máis completo o grupo.
Rematada a festa, con moita ledicia, volvemos cara a Vigo coa promesa de volver outro ano ao santuario que tanta gloria e contento nos dá.
Pica na foto para ver máis.



5 comentarios:

  1. Vendo as fotos, naljunhas parese coma se estivesemos sendo "abducidos" xa que hai unha luz que semella que viñera dun ovni, e a paisaxe parece coma doutro planeta(ainda que sexa portujesa)
    Eu josei moito desta andaina, e estou moi contenta de ter bailado coa "carballeira"( iso si, despois de ter subido ao castelo, que foi como ter subido aos "altares de pedra"- e que conste que non tomei ninjún chupito, e teño testijos). Eu son unha "andante ocasional" pero quero que conste neste "blog" que estou moi orjullosa de poder acompañar a esta xente tan animada e marchosa de Matamá. Espero que aljo do conxuro de Bacelos aos novatos ma faja efecto e poida acompañarvos de cando en vez con saúde e coa alejría que vexo en todos e todas os sendeiristas "soutiños".
    Animo a que coñezades o Candán na próxima saida(eu teño amijos de Lalín e coñeso moito toda esa zona)e a que josedes do churrasco, (pero iso si, de ternera,xa que teñen os mellores prados e pastos de por aí arriba).
    Espero que no "curso" que vén poida sejir os pasos de todos e todas vós e compartamos os sudores daljunha andaina e unhas risas(e se hai "tetas", rosquillas, jaita ou viño polo medio, mellor que mellor).


    ResponderEliminar
  2. Hola compañeiras e compañeiros antes de nada coma na outra salida non puden escribir quero agradecer a Margarita de Quins ( nai de Antonio) os recibementos que sempre nos fai a verdade que e unha persoa encantadora e que estando con ela nos pasa o tempo voando a ver si a orjanisasion orjanisa unha comida nese sitio tan bonito para poder estar mais tenpo con dona Margarita.
    Que ben o pasamos en Portugal, a ruta moi bonita e facil xa empeso a creer no jefiño, o bacallao buenisimo, e eu non sei si foi a bedision coma di Elena pero eu despois de comer e tomar o chupito de ajuardente vella sintin por dentro de min unha forxa que xa habia tempo que non sentia e que sijo tendo ainda que xa pasaron varios dias, xa teño janas que cheje a proxima para demostrar o que sinto a ver si me ajuanta, grasias a todos por ser tan juapiños.

    ResponderEliminar
  3. Antes de nada teño que darlle a rason a carballeira que di que cando hai comida veñen máis, pero deixa que veñan que así pasamolo mellor. Eu pasei moi ben,ijual ca carmiña, aínda ando medio no aire, debe ser a bendision do Bacelos. Elena tes rason, este home debe ter aljo que nos pon a sien. Que lastima que xa sacaba a tempada, pero que nos quiten lo bailado. A ver se se recuperan os que non viñeron que se botan de menos, !a recuperarse! e a seguir andando e comendo. Ah,por serto, a carballeira debe estar cabreada que non di nada.

    ResponderEliminar
  4. elena tees muitos amigos en lalin falas marabillas da zona pero eu estou umpouco mosca porque ti nonbes con nos graciñas polo piropo o grupo de matama carmiña tesrazon do quedises da margarita pero eu penso que ogrupo do souto do vello tiñamos queter undetalle con esa señora tan marabillosa manolo non unaestou cabreada pero abendision nonme sento nada ben non sei sederia todas palabar coretas un a preta ogrupo o souto do vello

    ResponderEliminar
  5. Sodes mundiais!!!
    Viva o Souto do Vellooooooo!!!

    ResponderEliminar