A organización
foi xenerosa cos do Souto do Vello e elixiu para esta primeira andaina da
tempada una preciosa e suave camiñada á beira do río Arnoia polas preciosas
terras de Allariz. Non se pode pedir máis, bo tempo, paisaxes bonitas, camiños
espectaculares, bosques diversos… isto permitiu camiñar con gusto,
relaxadamente, contando as aventuras do verán, algunha que outra “batallita” e
algún conto simpático. Tamén houbo tempo para a polémica por culpa duns monecos
que seica apareceron polo blog, e que deron moito que falar. Sempre é bo
intercambiar opinións. Pasamos por algunhas localidades como Portela, San
Martiño, Penamá, San Salvador, onde está a granxa de burros co seu parque de
atraccións moi colorido… Fixemos o xantar ao pé das ruínas dun vello castelo e
chegamos á vila de Allariz a una boa hora. Iso permitiunos visitar as ruelas do
casco histórico, un dos conxuntos urbanos máis interesantes de Galicia, o cal
mereceu, en 1971, a declaración de Conxunto Histórico Artístico. Continuamos
polo paseo da alameda e algúns puideron visitar a exposición de xardíns. Unha
primeira andaina que nos deixou un bo sabor de boca e con ganas de que chegue a
seguinte que vai ser espectacular. Atentos!
Fai clic na foto para ver máis.
Que ben que xa estamos todos xuntos, é unha alejria vervos camiñar por esas corredoiras. A verdá é que non foi moi dura..pero pa sela primeira xa lle chejou bien. Por serto, moito me rin vendo os monecos que puxestes mais abaixo, hai unha velliña que noin sei a que se me imita.. bueno o serto é que xa andamos outra tempada mais e con moitas risas. bicos pa todos
ResponderEliminar