O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

19 dic 2013

San Xurxo de Sacos - Sebil



Carballeira de San Xusto,
carballeira derramada, 
naquela carballeiriña 
perdín a miña navalla”… 
Non creo que os andaríns do Souto do Vello perderan a navalla o domingo pero si que estiveron nesta preciosa carballeira.
Carballeira de San Xusto
moitos arrodeos ten,
se non fora polos Santos
alá non ía ninguén.
Nós non fomos polos santos, pero si fomos pola beleza das súas paisaxes e como nos dicía  o amigo Telmo, que non nos puido acompañar: “un dos lugares con máis historia de Galicia: Campolameiro, a catedral da arte rupestre!! Impresionantes petróglifos de cervos, esceas de caza e outras representacións simbólicas vos esperan...”
Aí foi o punto de partida da saída do domingo 15 de decembro, última deste ano 13. Na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cotobade, ademais da carballeira hai algúns pazos como o dos Bermúdez. Despois da foto na carballeira baixamos ata o río Lérez onde están os baños e fonte de San Xusto cunha auga recomendable para a pel e problemas dixestivos. Logo pasamos por Fentáns, unha aldeíña en costa onde debe amolar bastante esquecer o legón na casa cando vas á leira e ter que volver a buscalo. Seguindo ruta  pasamos polo medio e medio do parque arqueolóxico da arte rupestre Campo Lameiro. Alí puidemos contemplar parte das súas cerca de 100 rochas con gravados rupestres con motivos e temáticas características dos petróglifos de Galicia ciscadas por entre os bosques de carballos e piñeiros. Pasamos por Muimenta e Cequeril e despois de comer, nun saltiño puxémonos en Sebil, onde nos esperaba o autobús. Alí puidemos hidratarnos tal e como nos dixera o noso guía lendo unha noticia do xornal que recomendaban unha cervexa despois de camiñar para non ter problemas musculares.
A xornada foi moi bonita e tranquila, e iso que faltaba algunha xente importante...ou foi grazas a iso? Non sei. Esperamos contar con todos eles na próxima, que xa será o vindeiro ano. Felices e naturais festas para todas e todos  e vémonos no 14. Unha aperta desde O Souto do Vello.

 

Preme na foto para ver máis.

https://plus.google.com/photos/115445407253412646695/albums/5959180571703748561

6 comentarios:

  1. A verdade é que vendo estas paisaxes tan bonitas ata me entran ganas de camiñar. Tamén, como non ,pola hidratación esa que facedes despois de andar.Felices festas a todas e todos e un ventureiro aninovo.

    ResponderEliminar
  2. !Animate! Merce, a verdade que seria un bo proposito para o novo ano o de vir a camiñar cando nos, e nada mellor para escomenzar que unha andaina relaxante o lado do mar , felices festas para todos os amigos e familia do Souto do Vello e para os que andan algo eivadiños que se recuperen que na primeira saida do ano temos que ertar todos, unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Eu con todo o relaxante que foi
    pareceme que non mirei ,paisaxes tan bonitas como se miran nas fotos
    Non me cansarei de agradecelo
    Pasalo ben

    ResponderEliminar
  4. !Animo! Merce ti si queres podes, aproveita estes dias para adestrar un pouco que agora veñen as boas , o cosido, o bacallao, o fin de curso e as camiñatas xa non son o que eran, e que os da orjanisasion tamen se fan maiores ainda que non queiran, Josefa si lavaras os ollos nas ajuas medicinais de San Xurxo despertarias e mirarias mellor as paixaxes, como se notou que non foi a carballeira que isto esta moi tranquilo, felices festas para todos e forzas para seguir camiñando o proximo ano.

    ResponderEliminar
  5. Animate Merce ,que Isa ten razon
    Aproposito Isa ,perdoa
    Pero eu xa me lavo, na fonte do luns antes de salir para coller o bus
    E por certo de momento sin cheiro, jaja jaja jaja
    Eu mirei o paisaxe, solo comentei que o mirei
    MIyor e mais chulo nas fotos
    Eso e unha virtude para os que as quitan non che parece

    ResponderEliminar
  6. Eusebio Cerqueira Alonso1 de enero de 2014, 14:06

    Responder
    Cerqueira1 de enero de 2014 05:29

    Que bonito pertenecer a este grupo de sendeirismo qu conta con reporteiros gráficos e poetas maravillosos , que describen as rutas con imáxenes e reportaxes de verdadeiros profesionais . Con eles recordamos en calquer momento as vicesitudes e alegrias de cada andaina e de novo volvemos a vivilas e perduran no recordo.
    Solo me queda felicitarvos opor este traballo e que non decaia esta armonia no novo ano 2014 "FELIZ ANO" a todos os compoñentes do grupo
    "O SOUTO DO VELLO"
    Eusebio

    ResponderEliminar