O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
12 ene 2014
A Guarda - Sta. Trega
O 28 de xullo de 1588 por culpa das inclemencias meteorolóxicas caía derrotada a Gran Armada Española. Non se puido invadir Inglaterra. Felipe II dixo daquela “Yo no mandé a mis barcos a luchar contra los elementos”.
Iso mesmo debeu dicir a orghanisasión do Souto do Vello o pasado domingo cando pretendiamos facer a andaina pola costa da Guarda. A verdade é que con estas modernas “ciclogénesis explosivas”, o que antes chamabamos temporal, non puidemos gozar desta marabillosa ruta e tivemos que buscar abrigo xa ben enchoupadiños cando levabamos un par de horas de camiñada e algo máis de dez quilómetros (o ritmo era bo eh!?). Iso si, a opinión xeral dos andaríns era que tiñamos que repetila para poder rematala. Segundo nos comunican fontes ben informadas, queda anotada para unha vindeira ocasión. Esperamos ter mellor sorte para a próxima, porque nesa si que non se pode abandoar.
Fai clic nesta imaxe para ver as pouquiñas fotos que fixemos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Semella que as primeiras andainas de cada ano resístense!! Pois nada deixámola para outra ocasión que a ruta ben o merece. Apertas @s mollad@s sendeiristas do Souto do Vello.
ResponderEliminar