O pasado domingo, 16 de
febreiro, pedímoslles permiso ás cicloxéneses explosivas esas para que nos
deixasen facer unha escapadiña. Nótase que a orghanisasión ten mando por aí
arriba porque nos apareceu un día marabilloso, con brétema e todo. Saímos de
Matamá ás 7:30 da mañá cando aínda estaban as rúas sen poñer, rumbo á terra dos
afiadores. Ao pé da estatua que Buciños lles ten en Luíntra comezamos a nosa
andaina para percorrer parte do camiño natural da Ribeira Sacra.
Pasamos por varias
localidades con rica arquitectura popular, por un dos maiores campos de mámoas
en Monteverde, por Biduedo, Paradela, etc.
Despois dunha pronunciada
baixada polas congostras cheas de auga que nos meteu de cheo nunha brétema
espesa, chegamos ata o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, hoxe Parador.
Como estaba pechado non o puidemos visitar.
Logo pasamos por Pombal,
Valdaporca e volta a Luíntra.
Recuperamos folgos cun
cocido e a continuación os Soutiños ofrecéronnos o mellor do seu repertorio.
Foi a primeira actuación de dous novos tamborileiros que demostraron boas
maneiras e aseguraron o futuro da percusión en Galicia. Tamén os acompañou o
Çé.
Nesta andaina, á parte de
lamentar algunha ausencia significativa, que botamos de menos, asomaron os novos
valores do grupo: Izía, Valeria e Breixo. Tampouco nos podemos esquecer dos que fixeron a andaina pequena, sobre todo tres valentes que, segundo oídas, demostraron que están en plena forma. Calquera día son capaces de acompañar ó resto do grupo...aínda que non haxa cocido.
quelle pasou osda ruta pequena non puseron fotos nin comenta nada daruta un a preta para todos do grupo do souto do vello
ResponderEliminarQ ue ben o pasamos e mirando as fotos ainda pares mais bonito todo con esa niebla que lle da un toque romantico , carballeira da ruta pequefa coma dis que non fala fala moi ben dos valentes que a fixeron e polo que oin van vir mais veces con nos sobre todo a merce que se miraba moi animada, ai .. e os jaiteiros e os tamborileiros cada vez mellor e ai que ver que juapiños estaban xa me despido ajardando a proxima.
ResponderEliminarPois claro que falamos os da ruta pequena. Eu paseino moi ben.,rímonos moito e agradezo a Telmo as súas explicacións sobre as mámoas. Canto se aprende de quen sabe!!. O Carlos e máis eu cos pés enchoupados facíannos chof chof. Moi divertido!!
ResponderEliminar