O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
29 sept 2014
Pepiño Costas, na túa memoria
O grupo de sendeirismo O Souto do Vello quere sumarse á homenaxe que o Club Peña Trevinca de Vigo lle vai facer ao noso amigo Pepiño Costas o vindeiro domingo, 5 de outubro, con motivo do 1º cabodano do seu pasamento. Consistirá nunha andaina polo Galiñeiro, ese monte que el tanto quería e defendeu, e un acto no seu recordo no parque forestal de Zamáns. Segundo o programa que nos pasan, os horarios son so seguintes:
10,00 h: Inicio da Marcha na Ponte Vella da Pasaxe
13,30 h: Acto de homenaxe e xantar no parque forestal de Zamans
15,00 h: Reinicio da marcha
17,00 h: Remate andaina no lugar onde se iniciou
Para máis información visitade a páxina de Trevinca pinchando aquí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ai estaremos " PEPIÑO" lembrando eses recunchos que nos ensinaches , os muiños naviculares, os petrolifos, os fentos, as plantas, os reptiles, as arbores.......... camiñar a o teu caron era como levar unha enciclopedia contigo. Gracias a ti as caminatas fanse mais amenas e enriquecedoras, unha aperta moi forte ala onde estes.
ResponderEliminarNon o coñecín persoalmente pero polo que din os que o tratataron a súa bagaxe en coñecementos sobre Galicia era digna dun Galego Ilustre. É por iso que este home será por sempre un dos Bos e Xenerosos que esta Terra merece ter. Foi para min unha honra poñer o meu granciño de area na homenaxe que o club polo que tanto puxou durante tantos anos lle fixo esta pasada fin de semana na nosa Serra do Galiñeiro.
ResponderEliminar