O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

31 oct 2014

Lobios - Entrimo



https://plus.google.com/photos/115445407253412646695/albums/6075655902973064977 



Desta volta tocou unha fin de semana polas terras da Baixa Limia, así que alá nos fomos o sábado 25, cara a Lobios e Entrimo. Sobre as 10 da mañá chegamos a Portela do Homem para facer unha ruta que discorre por terreos do Parque Natural Serra do Xurés e BaixaLimia, remontando o curso do río Homen (afluente do Cávado) ata os cumes da serra onde se atopa a mina das Sombras. Trátase dunha ruta de gran interese xeolóxico, paisaxístico e biolóxico, con vistas espectaculares e unha gran variedade de formacións rochosas. Pronto atopamos a Cabaniña do Curro, un pequeño refuxio nas rochas con herba no teito, que servía para gardarse os vellos pastores das famosas cabuxas do Xurés. No percorrido podemos observar xestas, uces e carqueixas. Continuamos cara a mina das Sombras.  Son uns restos dunhas minas de wolframio, que se explotaron durante a segunda Guerra Mundial. Moita xente traballou alí en busca do prezado metal. Aínda se poden ver os restos das casetas utilizadas así como os raíles das vías, antigos carros e accesorios, maquinaria empregada na explotación das minas. Comemos á sombra e cos pés nas frescas augas do río Vilameá e logo dunha reconfortante sesta, comezamos a baixada por un espectacular sendeiro vixiando en todo momento as cristalinas augas ademais da vexetación de ribeira asociada o leito do río de Vilameá. Pasamos pola capela do Xurés e fixemos o viacrucis ao revés para chegar aos baños no río Caldo. O lugar é o idóneo para recuperarse do esforzo cun baño termal e algunha que outra cervexiña.
O aloxamento foi nos hoteis Entrimeña e Barcelona. Despois da ducha fomos cear á Entrimeña. Entre pratos, viños, cantos e demais tivo lugar a presentación do Cancioneiro do Souto do Vello coa colaboración do Çé, Judith e Breixo.
Ao día seguinte saímos de Entrimo ascendendo cara a serra de Queguas. Alá no alto podemos ver o monumento megalítico coñecido como "Casa da Moura", da época do Neolítico. Trátase dun monumento funerario composto por unhas grandes pedras fincadas no chan e cubertas por unha grande lousa horizontal e cuberta con terra. Dende alí temos unhas vistas da Serra de Queguas e das montañas graníticas da Serra do Leboreiro inmellorables.
Logo vén a baixada ata As Cortes da Carballeira. Gran parte da ruta transcorre por un camiño empedrado entre terreos onde se aprecian os sucos deixados polas rodas dos carros que tantas veces pasaron por alí. O nome non é estraño xa que os carballos que ten arredor son espectaculares. Pagou a pena só para comer o bocata ao pé dun carballo centenario e da capela da Ascensión. Continúa a impresionante baixada pola carballeira ata chegar á área recreativa do río Pacín. Xantar e repouso para afrontar o tramo final que nos levará ata Entrimo, principio e remate da nosa ruta. Estiramento, engraxes e rumbo a Vigo.
Non queremos acabar esta crónica sen recoñecer as xestións e o bo trato de Esperanza, do hotel e restaurante Entrimeña. Quedamos moi contentos e prometemos volver.
Aproveitamos tamén a ocasión para facer público os nosos parabéns a Alicia e Telmo pola chegada do novo membro da familia, Zaira. Que sexa benvida!



Para ver as fotos da fin de semana fai clic aquí.

8 comentarios:

  1. Que fotos tan bonitas e que ben relatado esta o comentario a verdade e que ainda me emosiono o leer do ben que o pasamos de verdade que foi un fin de semana espetacular con as rutas tan bonitas o bañiño nesas aujas termales que teñen poder de recuperacion, esta ves o jefiño non nos mintiu o decir que eran de dificultade media solo se equivocou nos kilometros je je je, espero que o jolpe na rodilla de Angeles este xa curado e poidamos vernos na proxima escursion antes e acabar un recadiño para a carballeira que a miro un pouco baixa animate raparija que ainda eres nova, bicos pa todos que sodes estupendos

    ResponderEliminar
  2. Saùdos para todos que coma di Carmiña sodes caralludos, antes de nada que o de Angeles non fora nada e poidamos vernos na proxima, Carmiña coincido contigo que foi un fin de seman expectacular a verdade que estes da " orjanisasión" teñen moito merito pois preparar estas rutas non e facil xa me contou Lucho o que pasaron no vran , pobriños que pena me dan ja ja ja... bromas aparte no que non estou de acordo e no da carballeira, a verdade que no fin de tempada pasada a vin un pouco floxa mais de animo que de fixico pero nestas pateadas a vin coma sempre fisicamente e con esa lingua rapida e respondona que tanto apreciamos, bueno rapaces dexexando que chegue pronto o 16 para vernos e pasar un dia xuntos de camiñata e charleta que e a millor medecina para o estres, gracias e a seguir asi de caralludos.

    ResponderEliminar
  3. Hola a todos. Estoy mejor. Un poco coja todavía pero mejorando. El médico dijo que era un golpe muy fuerte pero nada mas. Desde aquí os agradezco a todos vuestra ayuda y preocupación. Sois todos unas personas espectaculares, la verdad. Hacia tiempo que no me lo pasaba tan bien y, por supuesto, si no hay nada en contra nos vemos en la siguiente. No me lo perdería por nada del mundo.

    ResponderEliminar
  4. grasiñas por estar pendiente de min penso que habia razon para estar baisa de animos angeles iso ecousa do oficio un soludo para todos dos do souto do vello

    ResponderEliminar
  5. grasiñas por estar pendiente de min penso que habia razon para estar baisa de animos angeles iso ecousa do oficio un soludo para todos dos do souto do vello

    ResponderEliminar
  6. Da justo vervos tan alegres, non pasan os anos por vos. Moitas gracias á orjanisasion por prepararnos estes fins de semana tan maravillosos. E gracias o Sé e a Judit por acompañarnos e por rejalarnos o libro. Ángeles alegrome moito que esteas ben. eu creo que na prosima andaina algunha muller ha de deixarse caer vendo como te trataron os homes. Ánimo Carballeira, a dar caña..Apertas pa todos

    ResponderEliminar
  7. Manolo creo que as mulleres sa conosen ben os homes que nos acompaña eu penso que a orjanisasison nesesita mais feitos que alabanzas somos un grupo marabilloso

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas polas felicitacións!! E a seguir pasándoo ben nestas fabulosas andainas.

    ResponderEliminar