O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

14 ene 2015

GR58 Sendeiro das Greas - (1ª etapa Soutomaior - Fornelos de Montes)






Cada vez que cambiamos de ano facemos unha chea de propósitos que moitas veces non levamos a cabo. Os andaríns do Souto do Vello, neste ano 2015, fixemos un propósito moi ambicioso que consiste en percorrer o Sendeiro das Greas, nada máis e nada menos que 247 km aproximadamente, e que estamos seguros que non imos fallar.
O GR58, chamado Sendeiro das Greas, é o máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia que pasa por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. O nome de Greas fai referencia á cantidade de cabalos que podemos atopar nos montes polos que pasa (grea=conxunto de animais e catro patas que viven xuntos, especialmente cabalos). A riqueza e diversificación das paisaxes é o que mellor define a este sendeiro, pasando por zonas forestais, zonas baixas de paisaxe agraria ata tramos con vistas marítimas da Ría de Vigo. Sen esquecernos do patrimonio arquitectónico e etnográfico, así como os restos arqueolóxicos do neolítico. Pouco a pouco iremos debullando cada un destes apartados segundo vaiamos facendo as distintas etapas que nos teñen preparadas.
Para comezar, o pasado domingo, fixemos o tramo de Soutomaior a Fornelos de Montes. Un percorrido de gran beleza paisaxística de media montaña e de ribeira que puidemos gozar cun tempo realmente marabilloso.
Saímos da parte baixa do castelo de Soutomaior. Logo dunha pequena baixada cruzamos pola ponte medieval de Comboa, que atravesa o río Verduxo para logo volver cruzar pola ponte colgante, toda unha aventura... Continuamos ata o lugar de Carballa, unha aldea situada na aba do monte e chea de socalcos que conforman un precioso tapiz que remata nas ribeiras dos ríos Verduxo e Oitavén. A dura subidiña levounos ata un lugar onde puidemos contemplar o canón do río Oitavén, espazo fluvial único pola súa riqueza natural en especies de flora e fauna.
O percorrido continúa na parte alta do camiño por un sendeiro empedrado que nos leva ao lugar de Alén de Arriba e despois á parroquia de San Adrián de Calvos. Alí puxemos en práctica o experimento de “comer sen fame” e que resultou moi satisfactorio, xa que despois de facer a enquisa correspondente puidemos comprobar como a maioría levaba a metade do bocadillo sen comer e andaba máis lixeiro (aforramos e gañamos en saúde!).
Pouco despois de comer chegamos ao Monte da Cidade, o punto máis interesante desta etapa. Alí hai unhas ruínas dun poboado formado por pequenas casas de pedra cubertas de vexetación e un antigo acueducto, todo rodeado dun espléndido bosque de carballos que deitaron as follas no chan formando unha alfombra pola que dá gusto pisar.
Cruzamos o río Barragán, pasamos ao lugar de Oitavén e subimos por un monte desde onde se pode contemplar o encoro de Eiras. Continuando pola pista forestal chegamos ao centro de Fornelos de Montes. De aí continuamos ata a praia fluvial no río Oitavén onde rematamos esta primeira etapa degustando unhas riquísimas rosquillas da confitería ANCLA de Ponteareas, agasallo do noso amigo Kiko.
Volta para Matamá para marcar cun X a primeira das etapas deste GR que pensamos rematar onde comezamos.
Para ver máis fotos fai clic aquí.

5 comentarios:

  1. Non sei si seria o sol ou as rosquillas con ..... pero o narrador da cronica ai que quitarlle o chapeu polo inspirado que estaba o facer a cronica e agradecer a KiKo as roscas que estaban ben boas e maximo despois do esperimento da orjanisasión de facernos comer despois de almorzar a min personalmente me gustou que aforrei bocata e andiven mellor pero si non son as rosquillas non sei que comeria bueno aparte disto o dia e a ruta preciosa un pouco corta iso si pero pasamolo moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Tes moita rason andarin o dia estuvo moi ben e o do bocata tamen a estes da orjanisasión se lle ocurre cada cousa que pa que...pero eu solo estou pensando na saida do cosido que ainda non puseron nada si a suspenderan avisarian eu mais ven creo que andaran busacdo o porco mais a verdura por cierto eu penso bailar con todos asi que non se me mosquee ninjuna que vos xa os tedes sempre e eu teño que me aproveitar cando podo ou non carballeira ti que dices... ultimamente mais ven pouco, un abraso a todos e vemonos no cosido....

    ResponderEliminar
  3. Estou dacordo con vos, pero o do bocata...menos mal que comemos esas rosquillas tan ricas se non habíavos de mirar eu a vós. ocúrreselles cada cousa que pa que. Bueno eu estou esperando polo cosido e ajora moito mais porque a Carmiña voulle dar un apretón que se vai acordar. lojo non te queixes se non non te anunsiaras, non é Carballeira. Ti non dis nada ou que. Felicidades a orjanisasion por estes domingos tan bos. A seguir unidos

    ResponderEliminar
  4. carmiña eu penso que foche mui apura disindo quebas bailar con todos siche baillan non penses que estas de bomber bas ter suerte co manolo un abrazo ogrupo do soutodovello

    ResponderEliminar
  5. carmiña eu penso que foche mui apura disindo quebas bailar con todos siche baillan non penses que estas de bomber bas ter suerte co manolo un abrazo ogrupo do soutodovello

    ResponderEliminar