O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

11 feb 2015

Castelo de Vilasobroso - A Picaraña - O Castro de Troña




No tempo de entroido o habitual é comer un bo cocido (en calquera outro momento tamén vai ben se é bo). Como tiñamos a oportunidade de comelo en “Casa Kiko e amigos” en Ribadetea, a organización preparounos unha pequena pero bonita andaina polas terras de dona Urraca. Así chegamos ben cedo e cunha temperatura de 2 graos baixo cero ó castelo de Vilasobroso. O día apuntaba un sol espléndido, e así foi. Limpo, luminoso, agradable para andar. Como é costume nestas convocatorias, o autobús quedou pequeno. Ademais, había preparada unha pequerruta para os andaríns infantís e aqueles non habituais pero fieis a Don Cocido. Estes foron trasladados ata o castro de Troña onde puideron aprender unha chea de cousas da man do director Telmo que logo os guiou ata o castelo para visitalo por dentro e por fóra.
O resto do grupo iniciamos a marcha en busca da Pena do Equilibrio, o noso primeiro obxectivo. Trátase dun penedo situado sobre outro, en pleno equilibrio sen axuda de ningún tipo, que forma parte do conxunto de penas graníticas ás que tamén pertenece a "pena dos namorados" na parroquia de Arcos. Despois de varios intentos de botala abaixo sen éxito, continuamos ruta para comezar a subida ó monte da Picaraña. Un pico que ten sobre 400 m de altitude, un lugar de devoción dende tempos inmemoriais onde se celebran grandes romarías en torno á capela da Santa Cruz. É unha capela distinta ás que hai noutros lugares de culto que están altos e afastados. Desde os seus cumes pódense divisar grandes panorámicas de todo O Condado e gran parte do Val do Tea, tamén a vila de Ponteareas e as súas parroquias. Coronado o monte e repostas as forzas collemos cara ó Castro de Troña. Nalgunha zona tiveron que actuar os “Pastores de camiños” que botando man das súas tesoiras foron chapodando toxos, xestas e algunha que outra silveira que impedía o paso cómodo do resto dos andaríns. Cando comezamos a baixar puidemos contemplar unha vista preciosa do castro e capela. Segundo a Galipedia “O Castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009. Despois de dar unha volta e apreciar as distintas construcións, o petróglifo da serpe, a ermida, os cruceiros… collemos camiño de volta en dirección ó castelo. Pasamos pola ermida de Santa Trega, moi pretiño do castro. Chegamos en boa hora de volta ó castelo. Visita, baixada pola senda botánica e subida ao autobús porque era hora de xantar. En Ribadetea xa nos esperaba o equipo de cociña e sala con todo preparado. Comezamos cunha suculenta e reparadora sopa para continuar co desfile de pratas acuguladas de fozante, cornante, voante, verzas e patacas quentiñas e no seu punto de cocción. Viño tinto de categoría, sobremesas, cafés e chupitos completaron un menú que paga a pena repetir. Logo chegou a hora dos Soutiños que contaron coa colaboración de varias e coloridas “Carolinas” e mailos seus laghartos nas saias. Un día moi agradable e non só pola comida, senón tamén pola presenza de xente querida (grandes e pequenos) que estamos moi contentos de telos entre nós. A organización encárganos de que fagamos público o agradecemento a todo o equipo de traballo de “Casa Kiko e amigos”. Ata a próxima.

Se queres ver as fotos da pequerruta fai clic aquí. Para ver as outras fotos fai clic aquí.


7 comentarios:

  1. Paseino fenomenal,a pequerruta fui moi divertida.Aprendín moitas cosas sobre o castro de troña,gracias ás explicacións de Tello.O cocido simplemente impresionante!! Bicos

    ResponderEliminar
  2. casa kico todo mui ben o cocido os postres os cafes os disgestivos que serepita muitas beces para os cociñeiros cociñeiras os camareraos camareras un 10 o grupo do sou todovello un pouco chochos e aseñora carmen muito beillar contodos e non se estre nou poco falar emais atuar merce sa eres un pouco mallor para ir na pequerruta un aperta paratodos

    ResponderEliminar
  3. É de ben nacidos ser agradecidos. Dende a orjanisasión queremos agradecer o agasallo que nos fixestes o domingo pasado durante o cocido. Del daremos boa conta e faremos un brinde por toda a familia do Souto do Vello, xa vos contaremos. Pero insistimos unha vez máis, e xa van alá unhas poucas, que non fan falta estas mostras de cariño ós que nos dedicamos a organizar. Nós facémolo porque nos gusta e o noso maior agasallo e recompensa e cando (coma este domingo) estamos todos xuntos pasándoo moi ben nun ambiente de satisfacción e ledicia colectiva. Pero tamén cando as cousas non saen ben, que pasa alghunhas veces, e aí estades todos e todas arrimando o ombreiro e animando sen ningún tipo de crítica. Cando a hai é sempre para mellorar. Por iso é un pracer organizar as pateadas, as comidas, as ceas, as viaxes, conferencias, etc, porque sempre contamos coa vosa axuda e complicidade. Grazas a todos e a todas os que algunha vez camiñastes con nós por manter esa alegría que xa se denomina "O espírito do Souto do Vello". Unha aperta moi grande a todos.

    ResponderEliminar
  4. Este pequeno agasallo facemolo con moito cariño e merecedelo ben pois gracias a vos conecemos sitios increibles que si non fora asi nunca iriamos, e o de regalar unha comida pereceume moi ben que asi o estar xuntos seguro que bos salen ideas para sitios novos.
    Coincido coa Carballeira e coa totalidade dos asistentes que o cocido que os amigos e amigas de Ribadetea que o prepararon con moito cariño e traballo foi espetacular, darlle as gracias a todos eles porque nos fan sentir mellor que na casa.
    Carballeira o do baile debia ser as jañas que tiña de beillar que non sei que me pasou pero estaba un pouco mareada deixaremolo para a do bacallaou un abrazo a todos .

    ResponderEliminar
  5. Carmiña, canta rason tes, e os da orjanisasión tamen, cando dicen que e de ben nacidos ser agradecidos, pois iso somos nos, que non facemos nada de mais e facemolo con moito cariño, espero que o pasedes moi ben e aproveitar como di Carmiña para maquinar novas actividades.
    Carmiña o de mareada non seria que comeñes co estomago vacio...... non me estraña porque mirar esas fontes cheas de viandas daban gañas de tirarse a elas moitas grazas a os-as cociñeiras e camareras e espero que sigan con ese animo para outro ano. unha aperta a todos/as e a seguir co " ESPIRITO DO SOUTO DO VELLO"

    ResponderEliminar
  6. Desculpade , volvo escribir porque as letras ían mal. Como imaxinaredes referíame a Telmo, grazas de novo. Carballeira, teño que ir na pequerruta de momento porque alguén ten que acompañar aos cativos. Non te meteches con Sole e ela tamén foi. Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Merce eres unha chivata eu queria pasar desapercivida e agora xa o sabe todo mundo ja ...ja..ja... moitos bicos para todos, paseino fenomenal.

    ResponderEliminar