O Souto do Vello no cume galego!

O Souto do Vello no cume galego!

11 mar 2015

Sendeiro das Greas 2ª etapa (Fornelos de Montes - Xunqueiras)




Continuando co plan de facer o Sendeiro das Greas, o pasado domingo 8 de marzo, fixemos a nosa segunda etapa que comezou en Fornelos de Montes e rematou en Xunqueiras pasando por Traspielas. Para esta etapa a organización reservou un día de primavera marabilloso, se a isto lle engadimos que se trataba dunha das máis bonitas etapas do Sendeiro, pois…como dicía o meu avó: “mel nas filloas”.
A etapa transcorre pola Serra do Suído, onde están os puntos de maior altitude da provincia de Pontevedra. Comezamos a andar ao pé do eucalipto do Ceo, un bo exemplar de eucalipto. De aí fomos ata o muíño do Ceo, un muíño moi bonito e que ten unha levada de gran lonxitude e moi ben conservada. Un sendeiro polo medio do monte levounos ata o camiño empedrado que sobe ata Ventín e despois a Bustelos. Aí ao pé da capela de San Caetano tomamos o bocadillo que nos daría forza para seguir. A partir de aquí pasamos pola fraga de Oredo cruzada polo río Couñago, afluente do Oitavén. Trátase dun bosque caducifolio de gran beleza pola diversidade de especies vexetais que reúne. Sáese da fraga no Alto do Foxo. A través dunha pista forestal chegamos ata o Couto do Corgo, onde se atopan os restos dun foxo do lobo dobre. O camiño continúa por unha zona case sempre chea de auga chamada Chan dos Prados. Dende aquí tomamos un desvío para subir ao Coto de Eiras de 885 m, un espléndido miradoiro dende onde puidemos contemplar a Ría de Vigo e máis alá. Para subir a este Coto, a organización preparounos un “atallo” que nos levou unha hora máis chegar ao alto. Aí puidemos aprender para que serven as mans cando fas sendeirismo, ou mellor dito “alpinismo”. Pero que ben o pasamos…sobre todo despois de chegar ao alto. Despois de baixar do Coto aproveitamos para tomar un pequeño refrixerio. Sen poder durmir sesta tomamos camiño a Traspielas. Ao saír de Traspielas coincidimos co sendeiro do río Barragán e visitamos o muíño e a fervenza do río Pielas. Despois xa nos quedaba o tramo final que nos levaría ata Xunqueiras onde nos esperaba o autobús para volver a Vigo.
Dende aquí queremos aproveitar para enviar un saco cheo de ánimos e forzas para Mª Jesús e Antonio para axudalos a superar estes malos momentos agardando que máis pronto que tarde volvan estar con nós. Ánimo!


Para ver máis fotos fai clic aquí.

7 comentarios:

  1. IM..PRE..SI..O..NAN..TE . me pareceu esta andaina e agora vendo as fotos e lendo a crónica todavia me parece mais impresionante, miñas mais efusivas felicitacións a organización que para mais nos tiña preparado un atalliño espectacular con pedras, silvas e toxos “sin pasarse” pero de vez en cando non ven mal unha aventuriña para renovar a adrenalina, un saúdo a todos pero en especial a Maria Jesus e Antonio, unha forte aperta de todos nos, que vos votamos moito de menos, moitos ánimos e para o que necesitedes aquí estamos.

    ResponderEliminar
  2. Un des pa os fotografos a pesar dos atrancos e a organisasion pares que quere terminar cos sen deristas, unha aperta moio grande pa MARIA JESUS e ANTONIO moita forza de parte dos SOUTIÑOS A Carballeira

    ResponderEliminar
  3. Carballeira a orjanisasión non pretende acabar con nadie mais ben o contrario, só fai falta ver as caras de felisidade que tedes nas fotos da subida polas pedras, que nos temos que plantesar que iso e o que verdadeiramente mais vos justa unha apertiña a todos.
    Xa temos preparada a saida do bacallao, e agora non poñer caras de aburremento nas fotos polo fasil que vai ser.

    ResponderEliminar
  4. Organisosion perdón si os ofendin pero as verdade non ofeden un a perta o soutodovello

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que a Carballeira ten rasón, un des pos fotógrafos, eu vexo sitios que me pares que non pasei, debe ser que nos paramos pouco. Pero a orjanisasión tamén ten rasón, porque vendo as fotos non pares que o pasaramos tan mal, creo que fai falta aljo de marcha paspabilarnos. Moitos animos pa sejir buscando esas rutas tan bonitas e nos a disfrutar. Bicos a María Jesús e Antonio. Forsa.

    ResponderEliminar
  6. Antes de mais nada un forte abrazo a Mª Jesus , eu estou segura que coa tua fortaleza e alegria dentro de nada xa estas de novo con nos moitos bicos e a seguir con ese animo.
    Oes carballeira este Manolo non se entende moi ben dalle a rason a todo mundo e iso pareceme un pouco pelotas , ou non.

    ResponderEliminar
  7. A orjanisasión xa empezou coa a operasión bañador ou nudista (para os máis atrevidos) faltoulle comunicalo e por iso compénsanolo co bacallao da próxima jajajajjaja.
    Orjanisasión cando teñades os carteis da próxima saída subideos xfi, a ver si anímanse dous pitiños que andan por ahí.
    Bikiños grandes e moito ánimo para María Jesús e Antonio.

    ResponderEliminar