Os andaríns e as andarinas do Souto do Vello xa están de volta para iniciar a 15ª tempada. A organización portouse ben e levounos a un
lugar fermoso para facer unha andaina tranquiliña (ó ser a primeira…xa se
sabe). Desprazámonos ata o concello de
Pontedeva para facer a que chaman a ruta da auga, xa que percorre as beiras do
río Deva. Este río nace no
concello de Verea e despois de vinte quilómetros desemboca no encoro de
Frieira, regando as terras de Pontedeva e Cortegada, na provincia de Ourense e
pola beira esquerda do Miño.
Temos que agradecer, a
quen corresponda, a limpeza dos camiños, que ademais están moi ben marcados, o
que fixo máis doada a marcha.
Ó longo do percorrido imos
atopando numerosos regatos, lavadoiros e fontes…cruceiros, escudos, en fin,
varios elementos arquitectónicos que xunto cos fermosos elementos da natureza compoñen
unha andaina moi interesante. Sen esquecernos da subida ó miradoiro e capela de
San Xusto.
Rematamos onde comezamos,
na área recreativa do concello de Pontedeva, onde nos dedicamos a un bo xantar
e charla de sobremesa…había que preparar o voto.
Volta a Vigo e a pensar xa
na próxima saída que será polo Camiño
dos Faros.
Aquí vos deixo este fermoso vídeo elaborado por Telmo. Clica aquí para velo.
!Que pasada¡ como dicen no video que maravilla dijo eu, non podia comenzar millor a tempada que sitos tan bonitos e aora o miralos nas fotos e neste bonito video unha volve a andalos de novo ademais con esa musica tan bonita da menos taballo, gracias a todos por organizar estas cousas tan bonitas e un bico moi jrande para tods do SOUTO DO VELLO.
ResponderEliminarQue forma tan bonita de comezar a tempada sendeiro precioso, tranquilo, fácil e coma sempre en boa compañía
ResponderEliminarE para mais agora un espléndido vídeo xa o mirei mais de dez veces e con esa musica nos traslada de novo o sendeiro,
Parabéns para todos os que facedes isto posible.