“Polo San Martiño mata o teu porquiño” é o que
di un dos refráns galegos. Os andaríns do Souto do Vello estamos moi contentos
con que se siga esta tradición porque así podemos dispor de boa materia prima
para a elaboración do noso cocido anual. E iso foi o que nos preparou a
organización para o remate da andaina deste mes de novembro. Un exquisito
cocido na provincia de Ourense, máis concretamente no Alto do Couso, concello
de Maceda. Pero para merecer estas viandas tivemos que


“sacrificarnos” e camiñar un pouco polos camiños de Esgos. A pesar das inclemencias do tempo podemos dicir que foi unha ruta moi bonita. Saímos de Esgos polo “Camiño Real “ (PR-G4) en dirección a un dos puntos obrigados de visita na Ribeira Sacra, o Mosteiro de San Pedro de Rocas. É un dos mosteiros máis antigos de Galicia, conservando parte da súa estrutura orixinal, unhas covas escavadas na rocha que serviros de capela. Está considerado Ben de Interese Cultural. Despois de tomar o bocadillo ao abrigo dunha
das naves do mosteiro continuamos cara ás vilas de Vilar de Ordelles e Folgoso para seguir pola “Ruta dos Muíños”. Este sendeiro, salpicado de centenarios carballos e castiñeiros, levounos polas localidades de Lampazas e Tarreirigo para rematar de novo en Esgos onde nos esperaba o autobús para levarnos ata o Alto do Couso. Non podemos esquecer os participantes da “pequerruta” (Poli, Merce, Carlos…), que dirixidos pola intrépida e pequeguía Icía, fixeron o percorrido desde Esgos ata o mosteiro.
Como diciamos ao
principio, o remate foi cun gran cocido que nos sorprendeu gratamente pola súa
calidade, cantidade e excelente servizo.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Fantastica ruta, fantastico restaurante, fantastico cosido, fantasticos jaiteros , fantasticos cantantes e fantasticos camiñates, que ven o pasamos que boa organización isto si que e pasar un bo domingo sempre acompañados de bos amigos eu pedirialle a orjanisasion que se repitira a ruta con mellor tempo para disfrutar deses camiños tan bonitos o vos que vos pares una aperta pa todos.
ResponderEliminarque se me olvida as fotos a pesar do dia fantasticas tamen sobre todo as do cosido que me dan janas de volver solo miralas..ou non carballeira.
ResponderEliminar