Os bugallos dos carballos, que tamén se chaman
carrabouxos, cocas ou de calquera outro nome
segundo sexas dun lugar ou doutro,
son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos que
deixan os seus ovos debaixo da casca nos gromos novos dos carballos.
Pois isto foi o que nos atopamos en abundancia
nesta preciosa andaina que fixemos polos arredores de Avión, na provincia de
Ourense. O pasado domingo, 19, saímos de Matamá en busca dun día soleado que
nos permitiu gozar das diversas paisaxes predominando as carballeiras
alfombradas con follas e carrabouxos que estoupaban ao paso dos camiñantes.
Comezamos a andar dende o centro de Avión
cando na igrexa parroquial daban as badaladas das 10 da mañá. O sendeiro
levounos, tras unha bonita subida,polos arredores do Castro de San
Vicente.
Atravesando polas carballeiras pasamos por varios miradoiros onde puidemos ver
o encoro de Albarellos, que aínda non recuperou a auga que precisa para chegar
ao seu nivel. Máis tarde pasamos pola localidade de Beresmo, famosa polas eiras
rodeadas de hórreos, moitos deles moi ben conservados. De aí baixamos en busca
da praia fluvial do río Valderias onde comemos gozando do sol de febreiro. Logo
continuamos pola senda para coller camiño de Avión onde nos esperaba unha
cervexa reparadora. Volta para Vigo e pensando na próxima que será ao noso santuario
do bacallau. Dende aquí queremos enviar os nosos parabéns e unha agarimosa
aperta aos novos avós que perderon esta andaina por dar a benvida á neta. Para ver as fotos fai clic aquí.
Se fas clic na foto de grupo poderás ver o vídeo da nosa andaina.
Graciñas por as felicitacions extensivas pa todos os avos e avoas do Souto dovello e os que non osean que non perdan a ilusion de selo unha aperta a todas etodos de Suso e Loly
ResponderEliminarQue sorpresa co novo sistema das fotos.
ResponderEliminarUn dezzz para ,eles
A ruta expectacular o dia boisimo
grazas organizadores