Ano novo, andaina nova…xa van alá os turróns e o cava das
festas do Nadal cando o Souto do Vello se bota a andar. Aínda que non debemos
esquecer que os máis valentes xa baixaron os turróns, tanto o día 25 como o primeiro
de ano, polos arredores de Matamá.
E para comezar o ano fomos percorrer as terras do
concello de Cerdedo, en parte polo Roteiro
Frai Martín Sarmiento. Como sempre acontece cando o
noso guía pon os cinco sentidos, o tempo foi marabilloso para poder gozar dun
día de monte. Polos camiños puidemos comprobar a cantidade de auga que leva
caído nos últimos días…pero xa se sabe, estamos no inverno!
A última parte do sendeiro, no
sentido no que o fixemos nós, é un precioso paseo ó pé do río Seixo pasando por
unha chea de muíños que deberían ser recuperados.
Tamén temos que dicir que o
sendeiro está un pouco abandonado no que respecta ás marcas e ós carteis
explicativos, totalmente descoloridos e ilexibles. É unha mágoa que non se bote
man del xa que é un sendeiro moi bonito.
Xa nos foron adiantando os
plans para os vindeiros meses e a cousa promete. Para abrir boca en febreiro
teremos o cocido en Casa Gerardo en Chandrexa de Queixa...mimadriña!
Para ver as fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario