Para rematar o
ano, a organización do Souto do Vello levounos
ata o veciño Portugal para facer unha das preciosas rutas que se poden
facer pola Serra d’Arga. É unha serra de orixe granítica situada a moi poucos
quilómetros de Caminha. Cunha altitude de 825 m. permite contemplar unha ampla
panorámica que vai dende Viana do Castelo ata as localidades galegas como A
Guarda, Tui… pasando por Caminha, Vila Praia de Âncora…
Iniciamos a ruta
na fregesía de Dem, na pequena aldea de Boucinha. Dende aí xa comezamos unha
prolongada subida, en parte por unha bonita calzada empedrada, para chegar ao
vértice xeodésido de Pedra Alçada. Alí, dende a torre de vixilancia, paramos a
contemplar a ampla panorámica da que falabamos, a pesar da néboa que nos
acompañou por momentos.
Continuamos cun
suave e precioso descenso que nos levou ata o mosteiro de S. João d’Arga, onde
se atopa unha capela, a capela de S. João, sede dunha romaría que se celebra
todos os anos na honra de S. João Baptista. A pesar de descoñecerse a data da
súa fundación, crese que foi alá polo século XIII polas súas características da
arquitectura románica.
Aproveitamos os
arredores do mosteiro e o soliño do momento para tomar o refrixerio.
Continuamos cun pequeno descenso ata a ponte que cruza o río Ribeiro. De aí
subimos ata a localidade de S. João D’Arga. Ó saír da aldea xa se adiviña de
novo Boucinha, a onde chegamos para tomar unha cervexiña no bar Sobreiro. Preto
de alí nos agardaba o autobús para a volta a Vigo e despedir así as andainas este ano 2018.
Para ver as fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario