O pasado domingo 22 de
setembro demos a saída á 18ª tempada no Souto do Vello. Imos camiño da maioría de
idade!!! Iso xa se está notando nos andaríns que cada vez están máis preparados
a pesar de vir dun longo período de vacacións...nótase que se fixeron os
deberes!!
Para comezar
achegámonos ata Mondariz para facer o que chaman a Ruta do Dragón, preciosa
ruta que prepararon os amigos da Asociación Deportiva Mondariz.
Nós comezamos na Ponte
das Pías sobre o río Tea e fomos pola súa beira río arriba ata chegar a
Mondariz Balneario. Dende alí fomos en busca da desembocadura do río Xabriña e
continuamos polo Tea ata a praia do Val. Tal como se aprecia nas fotos, nas primeiras
paradas de reagrupamento aproveitamos para contarnos as últimas novidades durante
o verán...sempre hai algo que contar!
Continuando polo
sendeiro chegamos ata o Furafollas. Collemos río arriba por unhas paraxes
espectaculares onde nos acompañaron as primeiras chuvias do outono.
Comezamos a baixada
para pasar pola localidade de Sabaxáns cos restos do seu balneario con augas de
gran importancia, onde a xente aínda vai recoller para curar todo tipo de
enfermidades estomacais e da pel (sarabullo, psoríase...). Os balnearios de
Mondariz ou da Toxa empréganas para facer as súas cremas.
Continuamos baixando
polo sendeiro do Pequeno Sol ata chegar de novo ó Tea. Fomos en busca dos Pasos
de Tatín para cruzar o río e de aí
chegamos a unha pequena praia para xantar. Algún aproveitou o tempo para darse
un baño e así chegar lavadiño a casa.
Continuando río abaixo
chegamos ata a famosa ponte de Cernadela, ponte de orixe romana e que facilitou
a comunicación entre as dúas beiras do río.
De aí xa continuamos
polo sendeiro volvendo atravesar o río pola ponte metálica para chegar ata a
Praza de España en Mondariz, onde demos por rematada esta primeira saída da
nova tempada.
Non queremos rematar
sen enviar un saúdo e unha forte aperta a Isa e a Fernando para que se
recuperen canto antes e poidan compartir con nós estas preciosas andainas.
Para ver as fotos fai clic aquí
Unha forte apreta a Manolo e Isa. Deséxolles unha pronta e total recuperación a Manolo e Isa. Fernando está coma un ferrote, coma sempre, e que siga así.
ResponderEliminarUn a preta muy grade de parte de Loli e Suso para Isa e Frenando ánimos e mui tas forzas para os 2 biquiños
ResponderEliminar