Van alá sete anos cando
o Souto do Vello foi ata o Santuario da senhora de Numão na freguesía de Castro
Laboreiro, para recibir as bendicións do bandoleiro Tomás das Quingostras,
antes de render homenaxe no Santuario do Bacalhau. Sete anos despois, no 2020,
volvemos ó mesmo lugar para renovar os votos os que xa estiveramos, e para
recibilos os que non tiveran a sorte de telos.
A pesar de que o tempo
non foi o máis axeitado para poder gozar das bonitas paisaxes graníticas da
zona (néboa e choiva durante todo o percorrido), fixemos unha pateada moi
gratificante.
Saíndo da aldea de
Curveira, pronto comezamos a subida ata o Bico do Patelo,
que puidemos apreciar
case xa na cima. Pouco máis adiante adiviñamos a grande Pena de Anamão e
continuamos ata o Santuario da Senhora do Numão. Ali, con moita emoción,
recibimos as bendicións do noso chamán enviado polo bandoleiro Tomás.
Isto deunos forza
(ademais do bocadillo que acabamos de comer) para continuar a marcha polos
carreiros-canles polos que baixaba grande cantidade de auga. Pasamos pola
localidade de Calnheiras e cruzando a ponte de Varziela collemos o tramo final
ata o centro de Castro Laboreiro.
Despois de cambiar a
roupa un pouco mollada pasamos ó comedor do Restaurante Miracastro, o noso
segundo santuario do día, para cumprir co rito anual.
Dáse a casualidade que
con este son 15 anos que levamos vindo a degustar as ricas viandas que nos
ofrecen, polo que acordamos facerlle unha homenaxe de agradecemento, tanto a
Fernando como a Rosa, patrón e cociñeira do Miracastro, coa entrega dunha foto
do grupo e mais un ramo de flores. Unha homenaxe máis que merecida polo trato
recibido durante estes 15 anos.
Tamén aproveitamos a
reunión para agasallar a algunhas persoas polos esforzos en preparar as rutas
das que despois podemos gozar, en especial a José Bacelos. Así como a Kico, de
Confitería Ancla e ó grupo de músicos “Os Soutiños” que nos fan gozar nas
sobremesas.
En nome de todos os
agasallados quero enviar as máis expresivas grazas a todas as persoas que
forman o marabilloso grupo de andaríns do Souto do Vello.
E, como non, para
rematar a festa, non podía faltar a actuación dos Soutiños acompañados do grupo
de baile espontáneo, e acabar así unha preciosa xornada, non no climatolóxico,
pero si no de relacións persoais.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Gracias a todos por este dia tan bonito xa o baixar do autobus se percibia ese espirito dos Soutiños que di " madrujei pa vir aqui e nada vaino a estropear " e asi foi nin a neboa nin a auja que corria polos camiños nos fixo perder a alegria e o sorriso, e o vivido no restaurante foi maravilloso, "moitas grazas" e felicidades a nosa mestra de ceremonias que non ten precio, e a os que non pudestes vir a maioria por forza maior que seibades que si, que estivestes presentes entodo momento cando nos, a verdade se vos vota moito de menos unha aperta moi grande a todas e todos. sodes estupendos.......
ResponderEliminarNoraboa a todo o grupo¡ Non hai quen vos pare, nin chuvia, nin vento... Moi bonitos detalles para os donos do local, onde se leva facendo 15 anos esta comida. Grazas tamén por esas camisetas tan lindas e personalizadas. Bicos.
ResponderEliminar