Por fin puidemos facer a ruta despois de 2 anos. Unha vez por temporal e outra polo COVID tivemos que adiala, pero a espera pagou a pena.
O domingo fixemos a ruta por Sistelo, una das Sete
Marabillas de Portugal na categoría de aldea rural, á que chaman “O pequeño Tibet”
pola súa similitude paisaxística con ese precioso e afastado país.
Fixemos a saída na Ponte Medieval de Vilela. Unha ponte que disque
existe dende o ano 1258 e que serve para atravesar o río Vez.
Por aí pasa a Ecovía do río Vez, que nos levou ata Sistelo pasando por varias pasarelas de madeira contemplando as bonitas paisaxes que nos ofrece o río.
Seguindo a pista chegamos a Sistelo, precioso lugar coas súas casas tradicionais en pedra, a Igrexa Matriz, os lavadoiros,
fonte, os espigueiros, así como o Castelo do Vizconde…núcleo de obrigada visita
para quen non o coñeza.
De aí parten varios trilhos. Nós eliximos o que vai ata Padrao e ás branda do Alhal e do Río Covo.
A través de camiños empedrados fomos subindo e subindo
contemplando diferentes perspectivas dos famosos socalcos que lle dan a sona que
ten o lugar.
Para ver máis fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario