O Souto do Vello ten por costume polo outono facer una visita á provincia de Ourense para gozar das súas paisaxes con esas cores caracterísitcas. Este ano eliximos a Ruta do Camiño da Amargura polas terras de Luintra. Esta ruta foi acondicionada (e continúa estando) pola asociación Móvete por Nogueira aos que agradecemos este traballo tan ben feito, como sempre. A ruta, que discorre polos arredores do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, está moi ben deseñada, sinalizada e conservada por esta asociación sen ánimo de lucro. A xente que nos gusta o sendeirismo témoslles que estar moi agradecidas polo excelente labor que están realizando. Parabéns!!
Comezamos na localidade de Luintra, no concello de Nogueira de Ramuín, berce dos afiadores, e o percorrido foinos levando por sendeiros e antigos camiños que unían varias localidades da zona. O nome da ruta vén do camiño que seguían os condenados pola Inquisición dende o mosteiro ata o “Chao da Forca” onde eran axustizados.
Entre outros
puidemos gozar de fantásticos miradoiros, dun conxunto de Mámoas do Neolítico,
construcións e aldeas tradicionais como Biduedo , soutos centenarios, o Castro
da Moura, o Castro de Litoria, e por suposto o Mosteiro de Santo Estevo.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Alégrame moito ver o Souto do Vello de novo polos caminos facendo o que máis vos gusta, caminar.Ruta fermosa.Fotografías moi bonitas e ese "remate doce" coma sempre por parte de Kiko.Seguide a disfrutar por moito tempo.!!!
ResponderEliminarTritanium Hot Sauce
ResponderEliminarIngredients: 1 red bell pepper, carrots, titanium earring posts onions, vinegar, 2016 ford focus titanium black pepper, salt, pepper, jalapeno pepper, cumin, benjamin moore titanium lime toaks titanium juice, citizen titanium watch Rating: 5 · 6 reviews
Bonuses cheap sex toys,sex toys,dildos,dildo,wholesale sex toys,dildos,dildo,sex chair,vibrators,wolf dildo click reference
ResponderEliminar