Neste primeiro
día onde parece que chega o “inverno” e que parece que imos recuperando algúns
dos membros do grupo que non nos acompañaron nas últimas saídas, subimos ó
autobús para dirixirnos ata Arenteiro de Piñor. Alí comeza unha bonita ruta, “O
sendeiro ecolóxico de Peilán”. Nós faremos parte dela. En lugar de volver ó
punto de partida, continuaremos por outro sendeiro para ir ata o Mosteiro de
Oseira.
A ruta comeza ó
pé do Santuario da Virxe das Neves, seguindo o sendeiro marcado, pasamos por
camiños empedrados, corredoiras ben alfombradas...e pronto atopamos o río
Arenteiro que nos acompañou
longo tempo permitíndonos gozar de levadas e pequenas fervenzas, así como muíños, algúns ben reconstruídos. Tamén pasamos pola área do Pozo da Area e a fervenza do río Peilán.
O camiño atravesa
por algunhas poboacións como Albarona, A Veiga de Abaixo, Barrán, San
Martiño...
Deixamos a ruta
do Peilán e collemos o río Oseira para ir cara ó Mosteiro. Chegamos no peor
momento do día, cando máis chovía. Buscando acubillos para poder cambiarnos de
roupa e comer o bocata, chegounos a hora da visita.
Na entrada
esperounos Yolanda, que fixo de fantástica guía e ata de fotógrafa. Grazas
Yolanda.
A visita ó mosteiro é espectacular, moi recomendable.
Aquí queda o enlace á páxina web por se queredes saber máis. https://mosteirodeoseira.org/web/
Para ver as fotos fai clic aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario