O pasado domingo, día 3 de xuño, celebramos o remate da vixésima tempada de andainas do noso grupo. Xa estamos consolidando a maioría de idade!!
Para a
ruta e a posterior festa, desprazámonos ata a freguesía portuguesa de Vilar de
Mouros, concretamente ata a capela do Señor dos Passos, lugar onde se celebra o
famoso festival de música de Vilar de Mouros.
O primeiro que fixemos foi percorrer o lugar ó pé do río Coura, dende a praia fluvial, onde se pode ver unha aceña con catro rodas totalmente restaurada, ata a preciosa ponte románica que data dos séculos XIV ou XV, a cal cruzamos para comezar a ruta.
O
percorrido ten momentos moi interesantes, como son as bonitas vistas sobre o
Miño, Vilanova de Cerveira ou a illa Boega. Por suposto, gozamos das fermosas
vistas da beira galega do Miño: A Guarda, Tabagón, Goián, etc.
Subindo
chegamos ata o alto do monte Góis, aínda que non fixemos cume xa que unhas
antenas co recinto pechado impídenos acceder e gozar das vistas.
Comezamos
a baixada e chegamos ata o lugar onde se atopa o Cruceiro da Independencia. Un
miradoiro excepcional para contemplar todo o esteiro do Miño.
E dende alí continuamos
a baixada ata chegar ó punto de inicio.
Os incondicionais
aproveitaron para refrescarse antes de dar boa conta das viandas preparadas
para a ocasión. Non faltaron as rosquillas Ancla e o pipote de viño para
acompañalas grazas a Kico.
E para poñerlle o ramo á tempada, non podía faltar a soberbia actuación do grupo muscial “Os Soutiños”. Despois dun primeiro pase na propia carballeira onde comemos, fixeron un pasarrúas ata o palco onde continuaron coa súa actuación acompañados dun animado grupo que non parou de bailar.
Unha xornada marabillosa cunha compañía de luxo! Parabéns a todo o grupo, e dun xeito especial á organización.E ,como non, a Kiko que sempre se encarga de poñer o punto dóce.
ResponderEliminar