As
últimas chuvias e mais o abandono por parte de quen corresponda, fixeron que
tivesemos que cambiar a ruta que estaba prevista (Senda dos Pescadores e Ruta
da Moura por Arbo) por outra. Decidímonos pola ruta costeira que partindo do
porto de Bueu chega a Aldán.
A saída fixémola dende o Porto de Bueu, e
visitamos as praias de Beluso,Tuía, Mourisca, Cabo Udra, Ancoradouro, Lagos,
Area de Bon,... Menduíña, Francón... sen esquecer a subida ó miradoiro en cabo
Udra.
Tamén pasamos polo humidal de Escorregadoira. Unha pequena corrente de auga que forma un espacio húmido onde abundan os laureles e os choróns.
Xa chegando a Aldán pasamos polo Bosque Encantado ou Bosque Enfeitizado. Un terreo pertencente ó pazo Casa Torre de Aldán onde se atopa un acueduto medieval coñecido como Arco da Condesa. O río Orxás rega o bosque onde abundan árbores centenarias. Dentro do bosque atópase a fachada dun pequeno castelo construído nos anos 60 para descanso dos condes de Aldán, aínda que nunca se rematou.
Ó chegar
ó porto de Aldán, agardábannos unhas exquisitas rosquillas de Ancla, agasallo de
Kico, que foron regadas cun tinto agasallo do amigo Manolo que celebraba o seu
xxx aniversario. Parabéns!!
Con esta andaina rematamos o ano 22, ano do noso 20º aniversario.
Para ver as fotos fai clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario