A ONGD Implicadas convída a asistir á III Andaina Solidaria nos Ancares. Se queredes máis información facede clic no seguinte enlace http://implicadas.net/event/iii-andaina-solidaria-implicadasos-no-desenvolvemento/
O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
10 de out. de 2015
Andaina Solidaria
A ONGD Implicadas convída a asistir á III Andaina Solidaria nos Ancares. Se queredes máis información facede clic no seguinte enlace http://implicadas.net/event/iii-andaina-solidaria-implicadasos-no-desenvolvemento/
30 de set. de 2015
3ª etapa do Sendeiro das Greas (Xunqueiras - Nespereira)
Uff! Mimadriña!
Pero este hoxe que fixo!
Non lle falo máis!
Que dis muller! Tampouco é pa tanto!
Si, ti como es amigha!!!
Aquilo parecía un galiñeiro ata que chegou a
Carballeira para poñer orde. Un berro por aquí e outro por alá e as cousas quedaron
claras. Non se trataba dunha andaina dura, é que é a primeira da tempada e
ademais vai moita calor. Menos mal!!!
Isto é o que di o profe Telmo na crónica que publicou
no Wikiloc
“Son en
torno a 23 km dos cales 15 discurren polo trazado do GR. Existe un treito
precioso por un camiño de uso tradicional entre Cuartos de Borbén e Sequeiros
que desgraciadamente está bastante cheo de auga (mesmo nalgún punto parece que o
camiño se converte nun pequeno regato), como consecuencia de que as augas
empregadas antigamente no regadío de campos están prácticamente
"perdidas" polo desuso.”
Un pouco máis adiante
desviámonos do Sendeiro para achegarnos ata o lugar chamado Santo Aparecido “unha
estrana escultura de granito de orixe descoñecida e cuxa festa (pagana) se celebra
o último domingo de agosto. No entorno onde se atopa esta pequena estatua,
existe un petróglifo sobre unha rocha prácticamente a nivel do chan na que se
poden observar motivos abstractos (círculos e coviñas).”
Aproveitamos para
tomar as once porque ademais hai unha fonte con auga moi fresquiña. Xa repostos
comezamos o ascenso ao Galleiro que, como di Telmo: “O ascenso ata o cumio do
Galleiro é relativamente cómodo por pistas forestais pero non deixa de ser un
ascenso tendido cun desnivel de 300 metros dende a aldea do Galleiro ata o
propio cumio a 744 metros de altitude co cal hai que tomalo con certa calma.”
Isto foi o que alborotou
o ghaliñeiro, entre o ascenso, a calor e que non adestramos durante o verán…
pois iso. Pero todo cambia en canto chegas arriba porque…” As vistas dende alí
son espectaculares e en días con boa visibilidade pódese observar dende a serra
do Suído ata o Barbanza.“
Baixando por unha
cómoda pista chegamos ata Nespereira onde estaba o autobús ao pé dunha billa
con auga fresquiña que nos serviu para refrescarnos un pouco.
O persoal xa falaba da
segunda da tempada que promete co que nos contou o noso guía.
Para ver as fotos fai clic aquí.
Aquí tedes o enlace de wikiloc ao track da andaina que fixemos e que publicou Telmo:
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10950034
8 de set. de 2015
1ª saída da 14ª tempada (Xunqueiras - Nespereira)
Xa estamos de novo por aquí!! Dámos comezo á 14ª tempada, case nada!!
Para abrir boca unha nova etapa do sendeiro das Greas e para outubro saída de fin de semana á Ruta dos Faros en Malpica. Xa sabedes que é preciso anotarse para reservar o hotel. Na saída do 27 debemos levar claro se podemos ir ou non.
A prepararse que esta vai ser unha tempada espectacular!!
Para abrir boca unha nova etapa do sendeiro das Greas e para outubro saída de fin de semana á Ruta dos Faros en Malpica. Xa sabedes que é preciso anotarse para reservar o hotel. Na saída do 27 debemos levar claro se podemos ir ou non.
A prepararse que esta vai ser unha tempada espectacular!!
1 de xul. de 2015
O Grove 2015
Fin de tempada pola
costa do Grove. Cambiamos os cumes da
Fonsagrada polos areais da península do Grove. Algún día o noso guía ha ter que
contarnos como fai ou con quen ten liña directa para pedir o tempo como o que
tivemos, pola maña tempo ideal para camiñar e pola tarde tempo ideal para a praia.
Seghuro que o Suso ten algo que ver…e non é peloteo.
O certo é que sobre as nove e media comezamos a camiñar
dende o porto do Grove, e polo paseo do litoral puxemos rumbo cara ao porto de Meloxo. De alí seguimos ata Punta Moreira onde
se atopa o acuario e mais o museo da salga ao aire libre onde se explica o
proceso de salazón do peixe que facían durante os séculos XVIII e XIX. Alí
paramos a tomar o bocata tranquilamente. Xa de seguido comezamos o percorrido
polas bonitas praias que rodean esta península así como as illas, os illotes, cons e laxes que están sementadas ao longo
delas. Pasamos tamén polos restos arqueolóxicos de Adro Vello, na Praia do
Carreiro, onde se atopa unha vila romana con vestixios de salazón de peixe,
unha necrópole, a planta dunha igrexa visigótica e restos dunha fortificación
da Idade Media. Máis adiante unha zona de adestramento militar chamado A
Batería.
Pero á parte da paisaxe tivemos a ledicia de atoparnos con Mª Jesús e familia que nos estaban
esperando na metade do camiño. Logo compartimos con eles un xantar campestre
como nos mellores días de romaría. Iso despois das frescas cervexas que nos
tiña preparadas a organización.
E como dixemos ao principio, pola tarde praia,
baños de auga e de sol, paseos pola beira, charleta, en fin, bo ambiente para un
remate de tempada, e vai unha máis.
Andaríns, a pasalo ben no verán e non deixedes de adestrar que setembro
está aí á volta. Feliz verán para todos e todas e como dicía o meu avó “Facédeme
o favor de ser felices”.
Para ver as fotos fai clic aquí.
21 de xuño de 2015
3 de xuño de 2015
A Fonsagrada
Antes de comezar teño que
confesar que algúns andaríns acusan a este humilde servidor de que a
organización me paga para falar ben dela…abofé que si, e desta volta moito máis
porque a fin de semana que pasamos na Fonsagrada foi fantástica. Pero tamén
teño que dicirlle á organización que o porco ten dous xamóns, así que…tomade
nota.
É certo, esta última fin de
semana de maio achegámonos ata A Fonsagrada para facer un par de andainas. A primeira
alegría levamos ao chegar xa que nos estaban esperando Mª José e Carlos Miguel totalmente recuperado. Unha
gozada velos de novo con nós. Lembrámonos de Mª Jesús e mais de Poli e mandamos
forza para que pouco a pouco se vaian recuperando e poidan estar pronto con
nós. Lamentamos as pequenas lesións e contratempos que se deron e que impediron
a algunhas andarinas facer as rutas completas. Son cousas que pasan.
Despois de acomodarnos nas
espléndidas instalacións do albergue Cantábrico, fomos recoñecer o lugar con
algunha visita ás viñotecas para engraxar as articulacións.
O sábado ben cediño estabamos
preparados para comezar a ruta do desfiladeiro de Bustelín, no concello
asturiano de Ibias.
Está considerada unha das
rutas máis espectaculares do Parque Natural de las Fuentes del Narcea, Degaña e
Ibias. A ruta vai pasando polo chamado “Desfiladero de Bustelín”, un
impresionante sendeiro aberto na roca desde o que se pode gozar de magníficas
paisaxes, enormes bosques con vexetación variada como érbedos, castiñeiros,
sobreiras, etc. Por unha ponte colgante accédese ao lugar de Río de porcos,
logo pásase por outras aldeas semiabandoadas como Peneda, Bustelo e Bustelín
onde se poden contemplar construcións típicas como os hórreos co teito de
palla. Tamén atopamos cortines, que son as construcións que se facían para
protexer as colmeas do ataque dos osos, ou as corripas que era onde se
acumulaban os ourizos das castañas.
Seguindo o curso do río
chegamos ata a Cova do Oso, que foi mina de ferro de Fornaza e Vilar de Cuíña.
Pasamos tamén pola bonita capela de San Antonio. A ruta fainos pasar de novo
por Río de porcos antes de coller o autobús para volver á Fonsagrada.
Cando chegamos, algúns foron
visitar o museo etnográfico que paga moito a pena. Despois da ducha e
alicatado, paseo e cea no restaurante Cantábrico.
O domingo tocaban dúas nunha. Queriamos
percorrer o Espazo Natural de Carballido, incluído na Rede Natura e declarado
Reserva da Biosfera pola UNESCO. Neste lugar están incluídas a ruta de Gallol e
a ruta de Pena Guímara. Comezamos o percorrido por un dos máis grandes soutos de
Galicia e chegamos ata o espectacular Castro do Castelo situado nun lugar case
inaccesible pero dunha beleza singular. Na ruta de Pena Guímara atravesamos un
precioso bosque atlántico con carballos, acivros, teixos, freixos, etc. No
percorrido, case sempre por un sendeiro ao pé do río Veiga de Logares, pódense
contemplar valiosos elementos naturais como as Foces da Pinguela ou as Covas de
Vilardíaz.
Acabamos sobre as catro e
media ao pé das escolas de Vilardíaz onde nos esperaba a degustación das
suculentas rosquillas Ancla, obsequio do amigo Kico, e viño de Ponteareas
agasallo da organización. Teño ou non teño razón a falar ben da organización
despois deste relato?
Para ver as fotos fai clic aquí.
21 de maio de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




