O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
6 de mar. de 2019
4 de mar. de 2019
Encontro veciñal en Matamá - Recuperamos un camiño
Xornada conxunta "Freixo - Matamá" de recuperación do monte.
O vindeiro sábado día 9 de marzo faremos conxuntamente coa asociación Chan Grande de Freixo e a ANPA A Lameira de Matamá, unha xornada de recuperación do monte nos límites veciñais entre Freixo e Matamá.
Os traballos consisitirán en abrir un antigo camiño e arrincar eucaliptos.
Ó rematar faremos un xantar de convivencia no parque forestal do Maruxento (cada un trae a súa comida).
Animádevos a participar !!! (Apto para nen@s e adult@s).
21 de feb. de 2019
Muíños do Xabriña (Mouriscados)
O domingo pasado
comezamos a tempada de “rutas con…”. Para comezar tocou un cocido no restaurante
pizzería O Castelo, no concello de
Mondariz. Pero antes fixemos unha pequena e preciosa ruta polas beiras do río
Xabriña, na parroquia de Mouriscados. A primeira parte da ruta fixémola
camiñando por antigas canles de auga cuxa función era alimentar toda unha
fileira de muíños que fomos atopando, uns 12 aproximadamente. Debe ser un lugar
moi concorrido porque pasamos por dúas áreas de lecer, o que fala da fermosura
do lugar. A segunda parte do percorrido foi quizais a menos bonita, xa que
transcorreu en gran parte por estrada ata chegar ao núcleo de Mouriscados. De alí subimos un pouco ata a
necrópole neolítica de Campo dos Mouros, conformada por unha ducia de mámoas, dous petróglifod e
un asentamento fortificado da Idade de Bronce. Todo isto adivíñase xa que o
lugar está
completamente tapado cos fentos.
Quedou para o
final a terceira parte do percorrido que é a máis bonita. Un sendeiro á beira
do río que é para deixarse levar ou quedar estantío contemplando a natureza e
escoitando o rumor das augas do Xabriña...espectacular!!
Co espírito
reconfortado pola experiencia vivida chegamos ao autobús que nos trasladou ata
o restaurante. Alí degustamos un exquisito cocido, dos mellores que temos probado,
e cun ambiente extraordinario deu comezo a soberbia actuación dos Soutiños,
acompañados primeiro polos voluntarios bailaríns e bailarinas que saíron á
pista e logo polo orfeón masculino que fixo a ledicia dos presentes coas súas
cántigas de taberna.
Se queres ver máis fotos fai clic aquí.
28 de xan. de 2019
15 de xan. de 2019
GR 58 - A Ramallosa - Matamá
A primeira saída
oficial do Souto do Vello neste novo ano retoma o GR 58 – Sendeiro das Greas,
que vimos facendo dende hai tempo e que xa estamos dando a volta para chegar ó
punto de partida. Hoxe fixemos a etapa que sairía da Xunqueira da Ramallosa e
chegaría á Garrida. Nós fixemos unha pequena adaptación e saímos da Xunqueira,
pero a partir do monte Cepudo fixemos unha desviación para chegar andando a
Matamá.
Como dicía iniciamos a
andaina ó pé do río Miñor dirixíndonos cara a Vilariño e de aí a Parada, con
visita á súa igrexa, única mostra de arte románica que se conserva no concello
de Nigrán, e única tamén adicada ó Apóstolo Santiago. Dende Parada comezamos a
subir ata o Monte dos Mouros, precioso miradoiro sobre o Val Miñor, Monte da
Grova, Baiona, Praia América, Panxón, Monteferro e Illas Cíes. Este monte está
relacionado con vellas lendas sobre mouros, seres
míticos que podían dar
tesouros a cambio de desencantalos. Algúns no alto do bloque granítico e outros
abaixo, nas mesas que hai polo lugar, aproveitamos para tomar o bocata e coller
auga na súa fonte.
Xa coas forzas ben
repostas, collemos dirección a Chandebrito pasando polo barrio de Rozadas. Aí
temos outro excelente miradoiro, o Monte do Castro, que como indica o seu nome
hai restos dun antigo castro celta. Na base, hai unha plantación e unha obra
que lembra os terribles incendios que asolaron a zona, é o Bosque da Memoria.
Un chamativo acueduto, construído polos veciños no ano 1939, leva a auga ata o
muíño das Chans. Segundo dixo un paxariño, algún dos andaríns utilizou este
acueduto para ducharse, despois de facer deporte, nos seus tempos mozos.
Para ver as fotos fai clic aquí.
5 de xan. de 2019
1 de xan. de 2019
Nadal 2018
Outro ano máis, os andaríns do Souto do Vello non fallan na súa tradición de celebrar o día de Nadal e o de Aninovo camiñando polos nosos montes. Este ano ademais contribuíron na "deseucaliptización" como podedes ver nas fotos.
Non esquezades que nos veremos o vindeiro domingo, día 13 de xaneiro, para unha nova andaina.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









