O Souto do Vello no cume galego!
O Souto do Vello no cume galego!
2 de mar. de 2020
21 de feb. de 2020
Caldas Barosa
A organización do Souto do Vello pensou que, despois das últimas chuvias
caídas na Nosa Terra, debía levarnos a algunha das preciosas fervenzas que
temos nos arredores. Así que collemos o autobús para dirixirnos á veciña Caldas
de Reis e facer o percorrido polos ríos Umia e Barosa.
Dende o centro da vila comezamos río arriba pola marxe esquerda contemplado
a paisaxe pero sen descoidarnos porque o chan estaba bastante esvaradío. Chegamos ó primeiro gran espectáculo do día,
que é a fervenza de Segade. Aí xa puidemos comprobar que efectivamente viña
grande cantidade de auga.
Neste lugar tamén se atopan os restos dunha antiga fábrica de luz, que data
do ano 1900 e que serviu para iluminar toda a comarca durante 20 anos.
Cruzamos a ponte e o camiño vai pasando por distintas aldeas, bosques
diversos e ata contemplamos o encoro do río Umia. Así, pouco a pouco e
respectándonos a chuvia, fomos chegando ata o río Barosa. Collemos o sendeiro tamén pola marxe esquerda
ata chegar á zona dos muíños e fervenza, coñecido como “Parque da Natureza do
Río Barosa”, lugar de visita obrigada para todos os que fan o Camiño Portugués.
Chegando a Caldas non perdemos a ocasión para lavarnos na Fonte da Burga e
coñecer a ponte de Bermaña.
Unha vez rematado o percorrido houbo tempo para unha cervexiña antes de
volver a Vigo.
Quedamos convocados para a próxima, que terá novamente a obrigada visita ó
noso Santuario do Bacallao.
Para ver as fotos fai clic aquí.
5 de feb. de 2020
15 de xan. de 2020
Sendeiro das Greas (Puxeiros - Redondela)
Era alá polo 11 de
xaneiro do 2015 cando comezabamos un proxecto que consistía en percorrer o
Sendeiro das Greas saíndo de Soutomaior para chegar a Baiona e volta ó punto de
partida. Pois cinco anos e un día despois quedamos para percorrer a penúltima etapa dende Peinador ata
Redondela. Trátase dunha etapa moi interesante porque imos pasar por unha das
necrópoles máis importante de Galicia da época do Neolítico onde se atopan
nada menos que unhas 60 mámoas, 7 zonas
catalogadas con peróglifos e un castro, trátase do monte Penide ou monte Mirallo.
Iniciamos esta xeira
en Puxeiros, na rotonda dos bois, para acceder ó parque forestal de Becerreira,
onde se celebra a Romaría do Pan de Millo. Seguindo o camiño pasamos polo Ifevi
e polo Aeroporto de Peinador para cruzar o campo de golf. Aí puidemos
contemplar a lagoa de Mol e os seus regatos que son o nacemento do noso querido
e maltratado río Lagares. Ó saír do campo de golf comezamos unha pequena
subidiña ata o parque forestal do Bandeira no Carballal e con outra subida
chegamos ata o Vixiador. Protexidos polas raioliñas de sol tomamos as 11.
Continuamos a marcha cara a Mámoa do Rei, monte Penide, merendeiro e miradoiro
da Poza da Lagoa cos seus petróglifos para baixar ata o miradoiro da banco de
Cedeira. Aí, e grazas o bo tempo, puidemos contemplar a beleza da nosa ría,
dende as Cíes ata Arcade, coa regalía da ponte de Rande e a illa de San Simón entre
outras.
Volvemos á Senda das
Greas para coller cara ó Castro de Negros onde xantamos e escoitamos as bonitas
lendas da moura-serpe, ademais de buscar as camas da Moura (esnaquizada cando
colocaron a torres de alta tensión) e a cama dos Nenos. O que non atopamos foi
o río subterráneo que disque chega ata a illa de San Simón.
Dende o castro
baixamos ata a estrada que vai de Redondela a Porriño para rematar a etapa de
hoxe e que será o punto de partida para a última que nos levará a Soutomaior e
pechar así o sendeiro das Greas.
Para ver máis fotos fai clic aquí.
Para ver máis fotos fai clic aquí.
6 de xan. de 2020
20 de dec. de 2019
15 de dec. de 2019
Suspensión saída
Debido ós compromisos adquiridos con anterioridade dos andaríns do Souto do Vello vémonos na obriga de suspender definitivamente a saída que se cambiara para o 22...queda posposta para a primavera.
A próxima saída será o 12 de xaneiro.
Non esquezades que seguimos coas convocatorias especiais do 25 de decembro e do 1 de xaneiro con saída ás 10 da mañá.
Saúdos e desculpas.
A próxima saída será o 12 de xaneiro.
Non esquezades que seguimos coas convocatorias especiais do 25 de decembro e do 1 de xaneiro con saída ás 10 da mañá.
Saúdos e desculpas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





